ý's Avatar

ý

@exantheo

altas incapacidades

347
Followers
226
Following
319
Posts
16.10.2023
Joined
Posts Following

Latest posts by ý @exantheo

Post image Post image Post image Post image

Céline (Jean-Claude Brisseau, 1992)

16.02.2026 14:13 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image
14.02.2026 09:21 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image Post image

Night Sleeper (Andrew Wyeth, 1979) / Dreamers (Julia de Ruvo, 2026)

14.02.2026 09:20 👍 4 🔁 0 💬 1 📌 0

sodes ben lindos os dous 💛

14.02.2026 09:17 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0

Don’t want to be free want to be with you.
—Autobiography of Red, Anne Carson

Eres libre allí donde no te aman.
—La provincia del hombre, Elias Canetti

tu cherches la liberté totale mais c’est la solitude totale que tu as
—Sans toit ni loi, Agnès Varda

30.01.2026 08:55 👍 7 🔁 1 💬 0 📌 0

«…unha escritura que me atopou cando eu mesma non era quen de me atopar»
—Hélène Cixous sobre a obra de Lispector

«…a súa escritura deume acceso á miña experiencia e unhas vías para expresala»
—Robert Glück sobre a obra de Adorno e Benjamin

25.01.2026 19:33 👍 8 🔁 1 💬 0 📌 0

si que o é, si!

Amor compartido por Pantis 💛

23.01.2026 15:08 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

filtra os nudes e os insultos que non chego a mandar se queres

14.01.2026 18:29 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0

A CocaCola non é a túa amiga, deixa de bailar mirando para o DJ, non vaias ás vodas, piratea e comparte con quen non sabe, evita opinar sobre o tema do día, defende a túa atención, merca menos e vende menos, nudismo ou barbarie.

14.01.2026 18:25 👍 13 🔁 1 💬 0 📌 0

Paisaje supone un sujeto que efectúe la reducción pero al mismo tiempo supone la exclusión del sujeto del paisaje.
—Mario Montalbetti

In a field I am the absence
of field. This is always the case. Wherever I am I am what is missing.
—Mark Strand

14.01.2026 18:20 👍 8 🔁 2 💬 0 📌 0

dicíndolle a Carlos desde unha punta da casa á outra «non me gusta que me cuestiones porque ás veces use o abarrotamento semántico como ferramenta cando escribo»

14.01.2026 18:19 👍 5 🔁 0 💬 0 📌 0

non teño ningún chill nin paciencia pero debo recordarme a min mesmo cando iso me exaspere que aínda non cheguei ao nivel da señora que vin pola rúa e facía ganchillo mentres camiñaba

14.01.2026 18:17 👍 6 🔁 0 💬 1 📌 0

o pop francófono, o xamón de pavo cocido sen sal feito música

14.01.2026 18:15 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0

soñei que se me metía un mosquito na orella e que me poñía a escribir nunha rede social a seguinte oración: «As orellas son as residencias artísticas dos mosquitos».

14.01.2026 18:13 👍 6 🔁 0 💬 0 📌 0

deixade de dicir que vos volvestes «accidentalmente importantes» nos vosos traballos: non foi un accidente

14.01.2026 18:12 👍 4 🔁 0 💬 1 📌 0

claro que os homes gays tamén sofren misoxinia tamén un pode raspar a pel cun raspador de queixo aínda que un non sexa un queixo

14.01.2026 18:11 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0

sei que do mal hábito victimista de equiparar inconscientemente a ausencia de gratifición instantánea co castigo tamén se sae pero a porta fixérona de cristal e está moi limpa e con frecuencia bato nela de fociños se non presto a mínima atención

14.01.2026 18:10 👍 5 🔁 0 💬 0 📌 0

para o ano a ver se dou feito algo falando da música e contando cousas aínda que sexa coa metade de xeito que @javiramos.bsky.social na súa Xanela!

07.01.2026 10:50 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
choke enough — oklou

choke enough — oklou

Sky Record — Dan English

Sky Record — Dan English

Un ano máis, deixo por aquí unha colección da música da que máis gocei.

Parte dela seguro que xa a escoitastes e coñecedes, e igual podemos intercambiar impresións e pareceres, ver afinidades. A outra parte oxalá que vos dea curiosidade e gana de escoitar.

jesus-cy.medium.com/unha-colecci...

07.01.2026 10:20 👍 8 🔁 0 💬 2 📌 0

Unha película que toma a pauta de «Sigue buscando cousas nos lugares onde non hai nada» de Jonas Mekas e a leva ata as súas últimas consecuencias.

—Xa non hai campo de fútbol. Van construír un hotel.
—Pero se non hai campo de fútbol, onde xogades?
—En calquera sitio.

02.01.2026 16:12 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image Post image Post image Post image

Dry Leaf (Alexandre Koberidze, 2025)

02.01.2026 15:59 👍 3 🔁 0 💬 2 📌 0

«soñabas ser un río y dormir como un río»

31.12.2025 14:45 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Auga, de Philip Larkin Se me invitasen a construír unha relixión recorrería á auga.

Hai catedrais por todas as partes e todo iso.

Aquí queda un poema de Philip Larkin que traducín ao galego hoxe, e co que vos desexo un bo 2026. Vémonos da outra beira.

jesus-cy.medium.com/auga-de-phil...

31.12.2025 14:15 👍 24 🔁 4 💬 1 📌 0
Preview
O Día do Pai, de Philip Nikolayev Ben che sei que o Día do Pai  non é máis ca un invento publicitario  co que tratan de desprendernos  do salario que tan caro nos custa…

O outro día coñecín a Philip Nikolayev no festival de poesía de Sibiu, Poets in Transylvania.
Hoxe traduzo este poema seu do inglés ao galego:

01.11.2025 09:52 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0

Poñerlle cinco estrelas ao teu propio libro en Goodreads antes de que chegue ás librarías e que non se che caia a cara da vergoña, dalgún xeito que non consigo entender, é o pan de cada día.

26.10.2025 10:37 👍 10 🔁 0 💬 0 📌 0

Anunciar que sacas un libro co obrigatorio "hice una cosa" seguido dun link de compra, editores que en redes fabrican posts para dicirche que obra do seu catálogo serías segundo o teu horóscopo, medios culturais nos que para ser ben visto hai que actuar como se tiveses doce anos. "Dadle amor".

26.10.2025 10:35 👍 12 🔁 1 💬 2 📌 0
Preview
é possível salvar Sirât da intenção do seu autor? (I) sobre a codificação retórica da estupidez e a sua função mercadológica

Penso con frecuencia nisto de @pablopesado.bsky.social onde paira con elocuencia sobre a cuestión da "profunda introjeção da estética da estupidez dentro da indústria cultural".
pablopesado.substack.com/p/e-possivel...

26.10.2025 10:31 👍 17 🔁 3 💬 3 📌 0

pero as cousas hai que facelas ben!

18.10.2025 08:00 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Jesús Castro Yáñez: «Ás veces dar coa palabra leva tres minutos, pero dicir catro cousas leva toda a vida» - Revista Luzes Para acceder a este contido, precisar ser subscritor/a Luzes. Inicia sesión ou subscríbete.

Unha entrevista que me fixo Marta Otero Mayán para o número de setembro da revista @luzes.gal, con fotografías de David Silva.

revistaluzes.com/2025/09/jesu...

18.10.2025 07:54 👍 14 🔁 1 💬 0 📌 0

ai, concho, sempre me equivoco co apelido. Grazas por dicirmo!

18.10.2025 07:54 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0