Anxo Sánchez's Avatar

Anxo Sánchez

@sanchezanxo

Deseñador web, emprendedor ⭐️ Axúdoche co teu negocio en Internet. Ensínoche a ter unha páxina web rendible 🚀

72
Followers
8
Following
61
Posts
15.11.2023
Joined
Posts Following

Latest posts by Anxo Sánchez @sanchezanxo

Post image Post image Post image Post image

💥 🚗 Así está hoxe (16/02/2026) a N-540 á altura de Calde (concello de Lugo).

Un exemplo gráfico excelente do estado de moitas das estradas do país.

Axúdasme a darlle difusión? 🔄

#fochancómetro #fochanca

16.02.2026 20:59 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Fix Spanish Province Names for WooCommerce Restores official Galician and Catalan province names in WooCommerce.

Pois instalas o plugin desde o repositorio oficial e listo. Tamén funciona para Lleida e Girona.

👉 wordpress.org/plugins/fix-...

PD. Ben sei que isto se soluciona cun par de liñas no functions.php, pero moita xente non sabe o que é o functions.php.

27.01.2026 12:15 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

... de produto mostra os topónimos "La Coruña" e "Orense". E queren que sexa "A Coruña" e "Ourense".

Isto é así porque a tradución de WooCommerce en castelán ten asignados eses nomes ás provincias correspondentes.

Pode que ti tamén queiras cambialos e non sabias como... 👇

27.01.2026 12:15 👍 2 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

📢 Fix Spanish Province Names for WooCommerce

Este plugin soluciona algo que todos os meus clientes galegos me solicitan.

Teñen unha tenda online en castelán ou en multiidioma (cun dos idiomas en castelán) e o selector de provincia para o envío/facturación... 👇

27.01.2026 12:15 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 1

Que podes facer se che presta?

- Instalalo no teu WordPress desde a opción de Plugins.
- Darlle 5 estrelas. ⭐️
- Compartilo. 🔄

27.12.2025 09:16 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🎄 A tempo para a baixada desde o Courel.

Xa podes instalar o Apalpador no teu WordPress e desexar a chegada do novo ano con moitos éxitos e moitas castañas, agora desde o repositorio oficial de WordPress! 🥳

👉 wordpress.org/plugins/apal...

27.12.2025 09:16 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0
Post image

🔴 Felicitacións de Nadal en galego. Crea a túa postal personalizada. Pasos:

1. Escolles o teu deseño.
2. Engades os textos e os stickers que queiras.
3. Descárgaa ou envíaa por WhatsApp.

E listo. De balde. En galego. Bule! #Nadal

👉 aschavesdalingua.gal/felicitacion...

17.12.2025 08:26 👍 9 🔁 4 💬 0 📌 0
Video thumbnail

Nos próximos días... 👀🎄🎅

14.12.2025 22:29 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image Post image

😝 Dálle un toque galego á túa web con WordPress.

Instala este plugin (actualizado v 2.0), actívao e coloca un #Apalpador que desexa o Bo Nadal🎄. Opcións:

- Efecto neve.
- Estrelas fugaces.
- Configurar o Apalpador e as mensaxes.

Descárgao aquí 👇
github.com/sanchezanxo/...

09.12.2025 19:03 👍 2 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image Post image

😝 Dálle un toque galego a túa web con WordPress.

Instala este plugin (actualizado v 2.0), actívao e coloca un #Apalpador que desexa o Bo Nadal🎄. Opcións:

- Efecto neve.
- Estrelas fugaces.
- Configurar o Apalpador e as mensaxes.

Descárgao aquí 👇
github.com/sanchezanxo/...

09.12.2025 18:59 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

O problema: non teño ilustracións.

E aí entras ti.

Se tes debuxos do Apalpador e queres que se poidan usar no plugin, escríbeme por privado. O plugin é GPL, é dicir: código libre, gratuíto e aberto para todos.

Citamos fonte das imaxes, iso si.

Calquera achega é benvida. 🌰

05.12.2025 13:36 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
GitHub - sanchezanxo/apalpador: [Plugin WordPress] Coloca ao Apalpador na túa páxina web e recupera a tradición do nadal galego [Plugin WordPress] Coloca ao Apalpador na túa páxina web e recupera a tradición do nadal galego - sanchezanxo/apalpador

🎅🔥 Actualización do plugin "Apalpador" para WordPress

En 2019 publiquei un pequeno plugin que colocaba a figura do Apalpador nas webs feitas con WordPress.

Quero sacalo do faiado e lanzar a v.2.0: máis imaxes, animacións, neve, código mellorado...

github.com/sanchezanxo/...

05.12.2025 13:36 👍 3 🔁 1 💬 1 📌 0
Preview
Como pasar dunha marca invisible ao éxito • Medra Conquista clientes sen perseguilos. Entra xa e apúntate por email e leva o ebook para emprendedores coma ti.

Hoxe cóntoche por que non teño portfolio, por que é unha mala opción en negocios como o meu e por que ti, se cadra, tampouco deberías telo.

Entra xa na newsletter. É de balde (aínda que o contido debería ser de pago 😀) 👇

medra.gal/newsletter

20.10.2025 06:04 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

7 expresións galegas que dis mal 🤭

En cales destas caes? Lemos os vosos comentarios 👇

👉Instagram: www.instagram.com/p/DOoeO61DQ3...

Facebook👉
www.facebook.com/share/p/1CMG...

15.09.2025 18:18 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

Publicouse o 16 á noite. Nos primeiros minutos caeu o servidor. Levantouse o 17.

Desde esa engadín melloras na xeolocalización, inserción e reprodución de vídeos...

Leva uns 30.000 usuarios únicos e unhas 100.000 visitas. A web ten moita marxe de mellora, mais vaia aí está. 😅

22.08.2025 14:49 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

▶️ O outro día creei un mapa aberto sobre a vaga de lumes para:

1. Ter info aberta a tod@s.
2. Evitar o contido efímero de RRSS.
3. Era o único xeito de apoiar nese intre.

Que podes facer?

1. Dar RT a este chío.
2. Se tes imaxes ou vídeos, súbeas!

👉 incendios.gal

22.08.2025 14:49 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
incendios.gal | Web cidadá aberta sobre incendios 🔥 Calquera persoa pode subir imaxes e testemuño sobre incendios que ve ou vive. Comparte!

🔴 Miles de visitas en 24 horas e un mapa cada vez máis completo. Coñecermos o que acontece é fundamental.

> Se tes imaxes ou vídeos, súbeos! Faltan máis testemuños gráficos.
> Difunde! 🔄

incendios.gal

18.08.2025 08:18 👍 27 🔁 22 💬 0 📌 1

Como teño acceso ao backend da web, puiden comprobar que a compra é verdade.

Especificacións da proba:

- Fixen unha busca concreta que sabía que existía e ía mercar aí.
- Os datos da tarxeta son dunha tarxeta virtual que xa non existe. Non teño claro a seguridade deses datos.

27.07.2025 10:15 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Video thumbnail

🤖ChatGPT busca e compra de xeito autónomo.

O novo modo Axente de ChatGPT, activo desde hai un par de días, sorprendeume!

Foi quen de realizar de xeito autónomo e sen intervención unha busca e unha compra dun produto de xeito correcto.

cc @orgullogalego.bsky.social 1/2 👇

27.07.2025 10:15 👍 4 🔁 1 💬 1 📌 0
Preview
busca.gal • O estado do galego en Internet O estado do galego en Internet

📣 Moitos dos meus clientes queren facer a súa comunicación en galego.

Eu defendo esta posición. Por convencemento persoal e por factor de diferenciación no mercado.

Con todo, atopámonos con grandes problemas nas plataformas que moven Internet. Aquí falo destes problemas. Coñecíalos? 👇

busca.gal

26.07.2025 08:48 👍 5 🔁 2 💬 0 📌 0
Como pasar dunha marca invisible ao éxito • Medra Conquista clientes sen perseguilos. Entra xa e apúntate por email e leva o ebook para emprendedores coma ti.

Queres coñecer a historia desta sandía? 🍉

1. Entra na miña newsletter, envío dúas historias á semana

2. Podes aprender cousas para o teu negocio ou simplemente pasar o tempo.

3. Leva un ebook de balde.

🔗 medra.gal/newsletter/ 🔗

19.07.2025 16:52 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

O acceso á vivenda é, con MOITO, o problema máis grave que estamos a atravesar. Xa leva anos, non é algo novo, e parece que será así nos próximos porque non hai vontade de poñer solucións.

17.07.2025 08:36 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Enésima polémica por un cartel/publicación feito con IA 🤖.

Comprendo o fondo. Comparto a reflexión ética xeral.

Con todo, non é igual empresa ou institución que usuario aleatorio ou asociación sen lucro.

Nese caso, non xustificarse. Contestar “Si, axudeime dunha IA” e listo.

16.07.2025 09:21 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Puxen 3 minutos a merda de "debate" que está tendo lugar no Congreso e é para volver tolo de vez. Que clase de xentalla hai alí chuchando do bote.

09.07.2025 08:27 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Teño a sensación que aturar (do xeito que sexa e da maneira que se xustifique) a corrupción duns porque os outros son supostamente peores, acaba saíndo mal. Ao tempo. Creo que somos moitos os que entendemos e soportamos moitas cousas, pero nunca a complicidade cos corruptos.

01.07.2025 11:15 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Como pasar dunha marca invisible ao éxito • Medra Conquista clientes sen perseguilos. Entra xa e apúntate por email e leva o ebook para emprendedores coma ti.

📨 Sabes que teño unha newsletter?

Día que estás fóra, historia que non recibes.

Entra aquí 👇

medra.gal/newsletter/

20.06.2025 09:09 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 1

Moitas grazas! A mellor ferramenta que atopei ata o momento.

18.06.2025 12:58 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

O problema é que a pouco que lle "apretes" falla máis cunha escopeta de feria... :(

18.06.2025 12:57 👍 1 🔁 0 💬 1 📌 0

🧐 Coñecedes ferramentas que fagan correccións de oracións en galego e que indiquen erros?

Exemplo:
-> A súa irmá lle escribiu unha carta
Erro: colocación do pronome.

10.06.2025 11:32 👍 1 🔁 3 💬 4 📌 0
Preview
Un Meetup en Lugo destacará a importancia do deseño dunha páxina web O vindeiro 28 de maio ás 19:00 o auditorio do Vello Cárcere de Lugo acollerá un Meetup de WordPress de Lugo protagonizado pola deseñadora Sabela Muñiz, deseñadora de produto, UX/UI e 3D, quen baixo o título de O que di a túa web sen palabras amosará como os elementos visuais, espaciais e de interacción dunha páxina web inflúen silenciosamente na percepción e comprensión do usuario.

Un Meetup en Lugo destacará a importancia do deseño dunha páxina web

21.05.2025 17:47 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0