"É o momento de mudar o mundo; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non? Da felicidade".
#BegoñaCaamaño #LetrasGalegas2026 #8M
"É o momento de mudar o mundo; é o tempo do feminismo, é dicir, da xustiza, da igualdade, da liberdade, da dignidade e tamén, por que non? Da felicidade".
#BegoñaCaamaño #LetrasGalegas2026 #8M
Os Cursos de verán de lingua e cultura galegas #GalegoSenFronteiras chegan o vindeiro xullo á XXXVI edición. O prazo de preinscrición arrinca hoxe mesmo e permanecerá aberto ata o 6 de abril.
academia.gal/-/aberto-o-p...
Co gallo do #DíaDaPoesía homenaxeamos a María Xosé Queizán. O 17 de marzo celebramos en Vigo un recital no que diversas voces literarias dialogarán cos versos dunha autora de excepcional pulo creativo e referente do pensamento e da práctica feminista.
academia.gal/-/a-rag-cele...
Na véspera do aniversario de Ramón Otero Pedrayo deste #AnoOteriano, detémonos no seu discurso de ingreso na RAG. Unha suxestiva mostra da prosa do autor e da súa teima pola paisaxe na que conecta a Rosalía, Pastor Díaz e Pondal con románticos e pensadores europeos.
academia.gal/-/romanticis...
Comezou a #PrimaveraDasLetras de Begoña Caamaño! Xa podedes ler a obra sobre a autora das #LetrasGalegas2026 de An Alfaya para a nosa web infantil, ilustrada por Laura Romero. Presentámola hoxe na mellor das compañas no CEIP O Pombal. Mil grazas pola acollida!
academia.gal/-/circe-morg...
A Real Academia Galega e o Concello de Pontevedra asinaron o acordo para a realizar o mapa sociolingüístico escolar do municipio. Un paso importante na dirección correcta para involucrar a base social na defensa do galego e a súa transmisión, valora Henrique Monteagudo.
academia.gal/-/a-rag-e-o-...
A plataforma @queremosgalego.gal avanzoulle á Real Academia Galega as principais conclusións do proceso social #LinguaVital, que se presentará o 14 de marzo nun acto público na praza da Quintana de Santiago de Compostela baixo o lema “Paremos a emerxencia lingüística”.
academia.gal/-/queremos-g...
Últimos días para presentardes as vosas historias de ata 200 palabras ao IX Concurso de #microrrelatos da Real Academia Galega en @punto_gal.
📌Bases e demais detalles en relatos.gal
'Estudos de Onomástica Galega X. Os nomes do mar' afonda nos asuntos que abordaron os relatores e relatoras da xornada que lle dedicamos a este tema o pasado outubro e reproduce os coloquios. O volume sae do prelo co apoio da @depo_es.
📌Versión dixital ⬇️
doi.org/10.32766/rag...
A académica Ana Romaní guíanos polo universo vital e literario de Begoña Caamaño na sección da nosa web das #LetrasGalegas2026. «O feminismo vertebra o seu pensamento e a súa biografía. “É o momento non de cambiar as regras senón de cambiar de xogo”».
academia.gal/letras-galeg...
Eu son libre. Nada pode conter xa a marcha dos meus pensamentos, e eles son a lei que rexe o meu destino.
#díaderosalía #rosalíadecastro #lieders
Co gallo do #DíaDeRosalía, detémonos nun dos seus poemas que tende pontes coas #LetrasGalegas2026 de # Begoña Caamaño. "Xigantescos olmos, mirtos" anticipa a revisión feminista da bruxa, un dos arquetipos da tradición misóxina, sinala a académica María López-Sández.
academia.gal/-/a-nai-de-t...
A RAG participou na homenaxe a #BegoñaCaamaño no IES Castelao, unha fermosa lembranza da infancia da autora das #LetrasGalegas2026 no Calvario. O presidente Henrique Monteagudo salientou as aprendizaxes afectivas que a obra de Caamaño lle achega á xente máis nova.
academia.gal/-/homenaxe-n...
Mantemos aberto todo o mes de febreiro o prazo para participardes no IX Concurso de #microrrelatos da Real Academia Galega e @puntogal.bsky.social. Todos os detalles ⬇️
relatos.gal
Unha iniciativa coa colaboración #RevistaLuzes
✒️ O discurso de ingreso na RAG de Xesús Alonso Montero e a resposta de Xosé Filgueira Valverde en nome da institución poden lerse na nosa sección de publicacións ⬇️
doi.org/10.32766/rag...
Xesús Alonso Montero ingresou na RAG en 1993. Ocupou a cadeira de Dieste, de quen destacou "ese morno orballo de sabedoría" que transmitía na conversa. Tras o seu pasamento, estas palabras ben poderían describilo a el mesmo.
🎦 Cortesía da TVGalicia
www.youtube.com/watch?v=7rRi...
✒️ "Xesús Alonso Montero, mestre da palabra", por Henrique Monteagudo, presidente da RAG
academia.gal/-/xesus-alon...
📣"Xesús Alonso Montero é unha das figuras máis sobranceiras da cultura galega dos últimos setenta e cinco anos. Foi un intelectual completo, comprometido política, social e moralmente. A súa pegada é imborrable"
📌 academia.gal/-/adeus-a-do...
📌Biografía de Alonso Montero na web da RAG
academia.gal/membro/-/mem...
🎦 Entrevista a Xesús Alonso Montero
www.youtube.com/watch?v=0WKQ...
A Real Academia Galega expresa o seu fondo pesar polo pasamento de don Xesús Alonso Montero, mestre de mestres e grande exemplo de compromiso coa defensa e o estudo da lingua e da cultura galegas. Foi presidente da RAGo entre 2013 e 2017. Que a terra lle sexe leve.
Aínda que custe crelo, falta moi pouco para o comezo da #PrimaveraDasLetras! O 2 de marzo arrinca na web do noso proxecto para o público infantil coa presentación do texto teatral sobre Begoña Caamaño que asina An Alfaya e ilustra Laura Romero. #LetrasGalegas2026
Na véspera do Día da Muller e da Nena na Ciencia, lembramos a Ángela Ruiz Robles, Aida Fernández Ríos, María Wonenburger, Jimena e Elisa Fdez. de la Vega, Antonia Ferrín, Olimpia Valencia e Ángeles Alvariño no noso #PortaldasPalabras. #11F @uvigo.bsky.social portaldaspalabras.gal/lexico/setes...
Son todos os que están pero non están todos os que son!
O noso #PortaldasPalabras preséntanos sete personaxes do #Entroido.
#entroido #aparicio #charrúa #peliqueiro #pantalla #choqueiro #choqueira #meco #setestrelo
portaldaspalabras.gal/lexico/setes...
Unha película documental e o primeiro videopódcast da Real Academia Galega son algunhas das propostas para celebrarmos as #LetrasGalegas2026 que lle dedicamos a Begoña Caamaño. Velaquí os detalles da nosa programación.
academia.gal/-/a-rag-pres...
A conmemoración conecta ademais coas #LetrasGalegas de #BegoñaCaamaño nas que, alén da relevancia literaria da autora, reivindicamos tamén o periodismo comprometido coa lingua galega que, coma o pioneiro Lamas Carvajal, ela sempre defendeu.
Lembrando o seu nacemento, este sábado celebramos o #DíaDosMediosEnGalego, e co gallo do seu 150 aniversario a Real Academia Galega organizará en outono unha xornada sobre xornalismo e lingua.
O 7 de febreiro de 1876 saía á rúa o primeiro número de 'O Tio Marcos d'A Portela'. O periódico de Valentín #LamasCarvajal foi a principal cabeceira da prensa na nosa lingua do s. XIX.
academia.gal/-/parrafeand...
Esta tarde de venres (20 h) presentamos no Auditorio de Baio 'Toponimia de Zas', un novo título da colección #TerraNomeada do académico correspondente Xosé María Lema. A edición conta co apoio da Deputación da Coruña e o Concello de Zas. Agardámosvos!
academia.gal/-/xose-maria...
ENCHENTE Gran subida das augas dun río.
📌Sinónimos e outro significados en academia.gal/dicionario
#petiscosdelingua #dicionario #linguagalega #enchente