Lembrade que se escribe A ver más e non Haber
Lembrade que se escribe A ver más e non Haber
Non teño problema en ceder o meu sitio e poñerme detrás
A cambio nos avións cóllenvos as pernas, menos queixarse
Pido perdón. Eu tamén o paso mal pola xente á que lle fodo os concertos
Desde este momento non volvín pisar un Mercadona e agardo seguir sen facelo
Na vosa casa as pitas comen do pote da queimada?
Puxo isto El Correo Gallego no Facebook. Os comentarios non vos sorprenderían
Penso que era un paso necesario e benvido sexa
De feito, saben que non poden andar soltos agás nos lugares indicados?
Estamos seguros de que os donos dos cans saben que quizais os seus animais non son aptos para andar soltos pola rúa?
Se tivese eses cartos e un lugar onde colocalo, poxaba www.nosdiario.gal/articulo/cul...
Di a alcaldesa da Coruña que non ten que dar explicacións sobre unha reunión privada cun empresario. Se a reunión é como alcaldesa CLARO que ten que dar explicacións
Hai unha persoa en Boqueixón que levou medio millón na Primitiva que lle virá moi ben pero que quedou a un número de levar 120 cos que retiraba a varias xeracións
Cómpre parar xa a especulación. Se mercas unha vivenda que sexa pra vivir nela. Se non a precisas, hai quen si
Construíron un edificio ao carón do meu. Todo vendido sobre plano desde hai 4 anos. Aínda non se mudou ninguén e xa hai varios que están en Idealista pra alugar
Os que gañamos 1.000 e poucos euros imos ter unha vida máis complicada pola codicia duns poucos ricos. E hai dirixentes políticos en España que apoian o que se está facendo. Que non se esqueza
O capitalismo é cruel co máis feble e está dirixido por xente miserenta
Cando estiven no Xapón en cada estación marcaban onde ía parar cada vagón e cada porta e cal che conviña máis segundo o asento. Isto incluso nos trens bala que chegaban a 350. En Renfe en Galicia os vagóns van cada día nun sentido e o tren pode parar onde lle pete nun rango de 100 metros
Outro partido que remata ás 23h e non hai transporte público pra ir pra casa. Aínda que si había en praza Pontevedra un "servizo fútbol" que non se anuncia e non se sabe a onde vai
Que vergoña de partido
O comunicado aquel dos Blues valeu pra dous partidos
Hídalgo quédate (na casa no próximo partido)
Pobre saxofonista, por que lle fan isto? Se se ve que é playback e a desgana
O Breo decidiu que era bo día pra descansar
Isto foi como cando escoitei a miña avoa falar de que viñera o guindastre
Pasa co 8M, pasa co Orgullo, co 25N, coas Letras Galegas ou moitos relacionados con enfermidades. Todos teñen algo que dicir eses días e calan o resto do ano. Mágoa que ningunha queira reivindicar o 1 de maio
O de mañá é un deses días que nos últimos anos me dan cada vez máis preguiza, non polo fondo do asunto nin porque non estea dacordo, senón porque quedaron en gran medida para lucimento dos departamentos de marketing de empresas e institucións
Esa habitación está demasiado ordenada pra ser ti
Antonte non avisaron de que un tren chegaba con media hora de retraso ata que estabamos xa montados. Hoxe avisan desta parvada. Just Renfe in Galicia 🤷🏼♀️
Acabo de ver os choros dun propietario que di que coa zona tensionada non lle vale a pena alugar porque xa non lle saca rendabilidade á vivenda. Pois si, diso se trataba