O Rei Sabio de Simon R. Doubleday. Unha nova biografía de Afonso X o Sabio que explora a súa relación coa cultura islámica e o camiño cara ao Renacemento europeo.
🗣️Con
Simon R. Doubleday
Miguel Giadás Quintela
Xosé M. Andrade Cernadas
@acalexandreboveda
Somos unha asociación cultural fundada na Coruña no ano 1976. Temos como obxectivos prioritarios a promoción e defensa da lingua e da cultura galegas. Divulgamos tamén a figura e do pensamento do ilustre nacionalista que dá nome á nosa entide.
O Rei Sabio de Simon R. Doubleday. Unha nova biografía de Afonso X o Sabio que explora a súa relación coa cultura islámica e o camiño cara ao Renacemento europeo.
🗣️Con
Simon R. Doubleday
Miguel Giadás Quintela
Xosé M. Andrade Cernadas
A natureza tamén ten feridas.
O xoves 12 de marzo ás 19:30 h inauguramos #FERIDAS, a nova exposición de María Xosé Ares, onde peixes e troncos de árbores se converten en metáforas das mancadelas da nosa sociedade.
🎶 Actuación musical de Sara Gimeno.
Vide acompañarnos!
Fixemos un resumo do roteiro A Coruña das Mulleres que realizamos o sábado pasado.
#CafésFeministas: Sororidade. Realidade ou fantasía?
Sábado 14 ás 12h
Encontro, organizado en colaboración coa #MMM, un espazo de reflexión arredor de preguntas clave: Somos as mulleres as nosas peores inimigas como quere facernos crer o patriarcado? Está funcionando esa estratexia de división?
#CineclubBóveda: «En tránsito» de Christian Petzold
Venres 13, ás 19:30h, ciclo dedicado ao cineasta alemán Christian Petzold.
Unha nova e fascinante relectura do melodrama clásico e un magnífico Franz Rogowski como protagonista.
🎨 Inauguración de FERIDAS
Xoves 12 ás 19:30 h inauguramos FERIDAS, a nova exposición da artista visual María Xosé Ares.
Unha mostra que reflexiona sobre as doenzas da nosa sociedade a través de elementos da natureza convertidos en metáfora da condición humana.
Coa actuación musical de Sara Gimeno.
Hoxe ás 20h recibimos ao historiador Bieito Alonso para presentar Crónicas transatlánticas. De cinza e sal, publicado x @Laiovento
Unha obra que rescata a memoria de mariñeiros galegos que cruzaron o Atlántico e loitaron pola dignidade laboral nos portos de América.
⚓ Historias de conciencia social
Mércores 11 ás 19:3h conferencia “Os actores que representaron a Xesús de Nazareth no cine”, por Victorino Pérez Prieto.
Analizaremos grandes películas e interpretacións memorables, así como visións máis singulares e menos coñecidas.
🎥 Unha oportunidade para coñecer como o cine interpretou a Xesús.
Baixo a cuberta dos grandes barcos tamén se escribiu a historia da emigración galega.
Entre carbón, sal e caldeiras, mariñeiros e estibadores cruzaron o Atlántico e fixeron da loita e da dignidade unha forma de vida.
Este luns 9 de marzo ás 20h con Bieito Alonso
🌊 Historias de cinza, sal e memoria.
O que máis glorifica a Galiza e o valor das súas mulleres.
Hoxe, saímos ás 12h do Campo da leña. Vides?
#Feminismos
#MoitoPorReparar
Luns 9, ás 20 h, acolleremos a presentación do libro Crónicas transatlánticas. De cinza e sal, editado por Laiovento. Contaremos co seu autor, o historiador Bieito Alonso.
A DRUIDESA (1926-2026)
Poderosa. Desafiante
Hoxe ás 19:30h
A historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez analiza a icónica escultura de Uxío Souto, unha obra que revolucionou a representación da feminidade na arte galega.
Unha muller libre, un símbolo de Galiza.
Espírito indómito cen anos despois
🙋♀️Roteiro «A Coruña das Mulleres»
Sábado 7 ás 12 h, con saída desde o Campo da Leña.
En 1936, o Golpe de Estado fixo saltar polo aire a vida de millares de mulleres. No 90 aniversario dese crime contra a democracia homenaxearemos a algunhas das mulleres represaliadas polo franquismo neste roteiro.
📽️ Outras historias do cinema: Chantal Akerman
Hoxe ás 19:30h
Na última entrega da enquisa que cada 10 anos fai a revista Sight & Sound sobre os mellores filmes da historia, a película escollida foi Jeanne Dielman da directora belga #ChantalAkerman. Desta directora falaremos hoxe con Martin Pawley.
A DRUIDESA (1926-2026)
Poderosa. Forte. Desafiante.
Venres 6 ás 19.30 h
A historiadora da arte Iria-Friné Rivera Vázquez analiza a icónica escultura de Uxío Souto, unha obra que revolucionou a representación da feminidade na arte galega.
Unha muller libre. Un espírito indómito cen anos despois.
Sábado 7 ás 12 h, saída desde o Campo da Leña: roteiro A Coruña das Mulleres.
En 1936, o Golpe de Estado fixo saltar polo aire a vida de millares de mulleres. A educación, o pensamento, a liberdade... todas foron silenciadas. No 90 aniversario dese crime homenaxeamos ás represaliadas.
#Feminismos
"Quen arrenegue do galego, forzosamente é un escravo ou madeira de escravitude"
Hoxe martes 3 de marzo, ás 19.30h, Cántigas da Terra mais nós rendemos #HOMENAXE no 90 aniversario do seu pasamento á figura máis senlleira das Irmandades da Fala: #AntónVilarPonte
Vide acompañarnos ao Circo de Artesáns.
📢O Monte Xalo: Olimpo Ártabro
Mércores 4 ás 19.30 h
Un encontro para coñecer os valores naturais, históricos e patrimoniais do Monte Xalo e analizar as ameazas que poñen en risco este espazo e a auga da comarca da Coruña.
Con:
• Xan Castro
• Lois Vilar
• Eva Martínez
• Beatriz Rodríguez-Morales
A Coruña lembra a Antón Vilar Ponte
Martes 3, ás 19.30 h, o Circo de Artesáns acolle a homenaxe a Antón Vilar Ponte, figura central das Irmandades da Fala, organizada con Cántigas da Terra.
Impulsor das I. da Fala, director de ANT presidente de Cántigas da Terra e deputado nas Cortes da República.
📖 Un libro para pensar o país
A construción da nación desde o realismo político de Manuel López Foxo.
O país, sempre por diante. As mans, tendidas a xeitos ben diferentes de comprender e de sentir a nación que compartimos.
Acompañan ao autor, Anxo Quintana, Mercedes Queixas e Dani Cao.
Hoxe ás 20h
🎬 CINECLUB BÓVEDA
Hoxe continuando co cineasta alemán Christian Petzold proxectamos Bárbara (2012).
🏆 Premio á mellor dirección na Berlinale, o filme sitúanos na RDA dos anos 80 nun relato íntimo sobre control, liberdade e esperanza.
Versión orixinal con subtítulos en galego.
Martes 3, ás 19.30h no Circo de Artesáns, xunto con Cántigas da Terra, rendemos homenaxe á figura máis senlleira das Irmandades da Fala: Antón Vilar Ponte no 90 aniversario do seu pasamento.
Fundador das Irmandades, foi director de A Nosa Terra e presidente de Cántigas da Terra
Estades convidadas!
🎬 CINECLUB BÓVEDA
Este venres 27 ás 19:30 continuamos co cineasta alemán Christian Petzold, coa proxección de Bárbara (2012).
🏆 Premio á mellor dirección na Berlinale, o filme sitúanos na RDA dos anos 80 a través da historia dunha doutora, nun relato íntimo sobre control, liberdade e esperanza.
✨ Historia que non che contaron
Hoxe xoves ás 19:30h presentación de "A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española" de Dionísio Pereira.
Un libro que abre foco sobre un capítulo pouco coñecido da Guerra Civil: a represión franquista no norte de África.
Venres 27-19.30h, #CINECLUBBÓVEDA -en colaboración co Instituto Goethe- proxectamos Bárbara (Christian Petzold, 2012) protagonizada por Nina Hoss e Ronald Zehrfeld
Gañadora do premio á mellor dirección da Berlinale.
💥 A arte tamén sofre as guerras. E deixa memoria.
Hoxe acompáñanos na palestra:
🎭 O sufrimento da arte en tempos de guerra. Europa anos 30, a cargo da historiadora da arte Carmela Galego.
▪️ o patrimonio destruído polos bombardeos
▪️ as obras saqueadas
▪️ os artistas perseguidos e silenciados
Memoria, historia e verdade
Xoves 26 -19.30h presentación de "A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española", co seu autor, Dionísio Pereira.
Un libro que ilumina unha parte pouco coñecida da Guerra Civil: a violencia exercida polo franquismo no norte de África
🎨 Cando a guerra ataca tamén á arte…
Mércores 25 ás 19.30h, a historiadora da arte Carmela Galego convídanos a reflexionar nunha palestra imprescindible:
🕊️ O sufrimento da arte en tempos de guerra. Europa anos 30
Que acontece coa creatividade humana cando desaparece o respecto pola vida?
Hoxe celebramos o nacemento de Rosalía de Castro 🌹
Agardámoste ás 17 h diante do Teatro Rosalía de Castro para a lectura pública da súa obra.
Manifesto de Eva Veiga, música de Cantos na Taberna e actuación de Noite Bohemia.
Vémonos esta tarde 🌹
Organizamos coa #AELG
Presentación de «A represión franquista en Alhucemas e no Rif Central durante a Guerra Civil Española» de Dionísio Pereira.
Xoves 26 ás 19.30h
Editada por Slaiki Akhawayne nun formato bilingüe árabe-castelán, debulla a violencia exercida polo bando sublevado no norte de África entre 1936 e 1939.