ℹ️ O programa a Carón está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia no marco do Plan de Recuperación NExtGenerationEU. Coñece máis sobre esta iniciativa na nosa web:
feafesgalicia.org/gl/novas/a-c...
ℹ️ O programa a Carón está financiado pola Consellería de Cultura, Lingua e Xuventude da Xunta de Galicia no marco do Plan de Recuperación NExtGenerationEU. Coñece máis sobre esta iniciativa na nosa web:
feafesgalicia.org/gl/novas/a-c...
🫂Esta iniciativa cambia as relacións tradicionais de coidado e acompañamento, establécense conversacións horizontais que enriquecen a ambas xeracións, e poñen en valor o coñecemento e as experiencias persoais das voluntarias e voluntarios sénior.
En Saúde Mental FEAFES Galicia iniciamos un programa de voluntariado interxeracional chamado "A Carón".
👉🏻 Neste proxecto, xuntamos a voluntarias e voluntarios de entre 18 e 35 anos, con persoas voluntarias de máis de 65 usuarias dos nosos programas.
feafesgalicia.org/gl/novas/a-c...
Neste torneo, que organizamos grazas á @futgal e co patrocinio de @saunierduval , tamén participaron as asociacións Lenda e Alume.
Parabéns a todos os equipos e grazas a todas as persoas participantes por unha xornada de deporte única!⚽
O pasado venres celebramos o I Torneo de "A Nosa Champions" deste 2026 no Pavillón Príncipe Felipe de Pontevedra.
🥇A asociación Alba alzouse co trofeo de gañador deste campeonato nun encontro moi reñido contra o equipo da asociación Doa
feafesgalicia.org/gl/novas/a-a...
📢 Novo proceso de selección en marcha!!!
🔎 Buscamos unha orientadora ou orientador laboral para Pontevedra.
ℹ️ Consulta os requisitos e envía o teu CV antes do mércores 4 de marzo a ✉️vigo@feafesgalicia.org
feafesgalicia.org/gl/novas/nov...
🌐Continuamos coas formacións no programa "Dixitalízate para o emprego" que realizamos grazas a
@consaludmental.bsky.social
💻7 persoas cun problema de saúde mental están a realizar 84h de formación para mellorar as súas habilidades e competencias dixitais
+info➡️ feafesgalicia.org/gl/novas/seg...
Achegámonos a eles e elas a través deste cuestionario (que aínda estás a tempo de cubrir) para coñecer a súa ralidade, os problemas que afrontan e os prexuízos que sofren e, sobre todo, para darlles voz as súas propostas e demandas.
👉🏻 eapn-galicia.com/es/se-tes-en...
Hoxe, #DíadaXustizaSocial, desde @EAPNGalicia poñen o foco na mocidade, un grupo vulnerable e estigmatizado que conforma o futuro da nosa sociedade.
#MocidadeConVoz
ℹ️ Esta xornada está centrada na mocidade migrante e no emrpego en Galicia, e busca visibilizar os desafíos e oportunidades ás que se enfrontan estas persoas na súa integración laboral e social.
🕐 Comezará ás 11h no MIHL. Toda a info e o programa aquí ⬇️
👉🏻 Hoxe estaremos no Museo Interactivo da Historia de Lugo participando na xornada que organiza a REDE TIL con motivo da Xornada Mundial da Xustiza Social.
Coñeces o programa PAIEM?
Durante o 2025, nesta iniciativa traballamos con 229 persoas que se atopan privadas de liberdade e teñen algún problema de saúde mental grazas ao apoio da Fundación Barrié e a Secretaría Xeral de Institucións Penitenciarias.
feafesgalicia.org/gl/novas/229...
Hoxe, as nosas compañeiras e compañeiros do Servizo de Ocio e Deportes recibiron unha formación de primeiros auxilios da man de Forma Saúde Galicia.
Con estas formacións, en @feafesgalicia.bsky.social buscamos seguir ofrecendo a mellor atención ás nosas persoas usuarias.
#primeirosauxilios
💼 80 persoas cun problema de saúde mental participaron o ano pasado no noso programa "Creando Redes", financiado pola Fundación ONCE
ℹ️ Este proxecto busca conectar ás persoas con discapacidade por enfermidade mental co tecido laboral.
Coñece o programa ⬇️
feafesgalicia.org/gl/novas/cre...
🏆 As asociacións A Creba, Avelaíña, Lenda, Doa, ALume e Alba, participarán este ano nos tres torneos que conforman este proxecto que organizamos grazas á Real Federación Galega de Fútbole co patrocinio de @saunierduval.bsky.social
⚽⚽ Onte presentamos en Vigo, na sede da Real Federación Galega de Fútbol, unha nova temporada e un novo formato da liga de fútbol sala "A Nosa Champions".
feafesgalicia.org/gl/non-categ...
Tras a entrega de premio todas as persoas participantes visitaron o Museo das Laudas da Igresa de Santa María a Nova e gozaron dun xantar de confraternización.
Moitas grazas a todas as persoas participantes!
🏆🏆Manuel Otero, da asociación Doa proclamouse campión na final que xogou contra Luis Cores, xogador da asociación APEM.
🏅🏅Salustiano Rivera e Jonathan Vidal, das asociacións Alume e A Creba respectivamente, resultaron semifinalistas neste Torneo.
42 xogadoras e xogadores reuníronse o pasado venres en Noia para desputar o XXII Torneo de Tenis de Mesa que organizamos en colaboración coa Asociación A Creba en colaboración coa Sociedade Liceo de Noia.
feafesgalicia.org/gl/non-categ...
Comezan as accións formativas pertencentes ao catálogo do SEPE para as 100 persoas participantes do noso Programa Integrado de Emprego, financiado pola Consellería Emprego, Comercio e Emigración eo Servizo Público de Emprego Estatal .
feafesgalicia.org/gl/novas/for...
🏓O vindeiro venres 30 de xaneiro terá lugar o primeiro torneo de tenis de mesa do ano.
🏆Organizado en colaboración coa asociación @A_Creba e o Liceo de Noia, a xornada contará con máis de 40 deportistas das nosas asociacións.
Falamos das dificultades de acceso ao emprego das persoas con problemas de #saúdemental, da nosa metodoloxía de traballo e o apoio que lles ofrecemos para que poidan acadar e manter un emprego.
Grazas ao alumnado e profesorado por acollernos!
O pasado venres, Patricia e Gabriel, da delegación de Vigo, estiveron no Colexio LAR falando co alumnado do módulo de Inserción laboral sobre o traballo que facemos no ámbito da orientación laboral.
📢 Iniciamos un novo proceso de selección!!!
🔎 Buscamos unha persoa para o posto de orientación laboral na nosa delegación de Vigo.
ℹ️ Consulta os requisitos e envía o teu CV antes do xoves 29 de xaneiro a ✉️vigo@feafesgalicia.org
feafesgalicia.org/gl/novas/nov...
ℹ️ Xunto con Cristina Rial e Rodrigo Blanco, ofrecen asesoramento as nosas persoas usuarias e as súas familias, realizan formacións para profesionais das entidades asociadas e colaboran coa Comisión de Dereitos de @consaludmental
feafesgalicia.org/gl/novas/mai...
🗣️ "Que este servizo sexa gratuíto e de fácil acceso axuda a que poidamos actuar a tempo para evitar a vulneración dos dereitos das persoas con problemas de saúde mental".- sinala Iván Sanmartín, que leva 15 anos sendo asesor xurídico da nosa entidade.
⚖️ Desde o 2003 Saúde Mental Feafes Galicia ofrece un servizo de Asesoría Xurídica gratuíta para persoas con problemas de saúde mental, as súas familias e profesionais do noso movemento asociativo.
feafesgalicia.org/gl/novas/mai...
Nestas charlas explicaron os diferentes tipos de pensións e prestacións e a súa compatibilidade co emprego. Con estas formacións buscamos informar, resolver dúbidas e servir de apoio ao traballo que xa fan as asociacións nos seus centros
A finais de ano, o equipo de profesionais do noso servizo de Asesoría Xurídica realizaron dúas charlas para as persoas usuarias da asociación Andaina e as súas familias nos centros de Dodro e Ordes
Financiado pola Confederación SALUD MENTAL España dentro da 4ª Convocatoria 2025/2026 da Estratexia da Empregabilidade para o Desenvolvemento de Competencias laborais, sensibilización social e apoio e materia de emprego para as persoas con problemas de saúde mental e/ou discapacidade psicosocial.