Os discursos están perfectamente fabricados. Dan igual as mentiras, isto xa o teñen moi estudado. Son anos e anos fabricando propaganda, que acabamos asumindo con naturalidade. E é moi fácil ser valente coa sangue dos demais dende a túa comodidade. Os sacrificados son os peóns
06.03.2026 09:29
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Do máis repudiable que poida desexar un ser humano é a defensa do belicismo, por suposto sempre levado a cabo polos eixos EEUU/Europa. E aínda por enriba facelo empregando escusas a cada cual máis patética e contradictoria, obviamente facilmente refutables.
06.03.2026 09:29
👍 0
🔁 0
💬 1
📌 0
Cuidadito con el síndrome de Estocolmo con el PSOE que nos conocemos, y mira que montarnos escusas para abrazar la socialdemocracia en cualquier momento de mínima debilidad es algo que tenemos bien interiorizado.
04.03.2026 20:53
👍 1
🔁 1
💬 0
📌 0
Ah si, que carallo vas importar ti, influencer de merda, que te vas a vivir a Dubai para rodearte de de luxos e non pagar impostos. Facédelle un favor á humanidade e extinguídevos, parásitas burguesas.
03.03.2026 09:22
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Vale querida Lola, pero ti vasme querer igual, a que si? Pois con iso xa me chega. Non preciso máis ♥️
21.02.2026 14:40
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Encántanme as señoras maiores (xeralmente coas que teño confianza) sen ningún tipo de reparo en amosarse sinceras baixo calquera circunstancia, absolutamente implacables e coas contas da vida xa saldadas. Ai Jacobiño que feo me estás con ese bighote, así ninguna muller te vai querer.
21.02.2026 14:40
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Prohibir, prohibir e prohibir. Os partidos do capital sempre optan por esta opción porque son ineptos (e con marxe limitada) para solucionar os retos problemáticos actuais. Tirar polo máis doado aínda que non arranxe nada. Así parece que fan algo aínda que o empeoren.
06.02.2026 12:09
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Noutra categoría especial están os propios migrantes ultradereitistas. Porque non nos enganemos, o neo fascismo non precisa de violencia verbal, ni de ningún folclore estético radical. A esta xente tamén hai que combatela.
29.01.2026 16:23
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Mirade, se tan patriotas sodes, aprendede as leis do voso queridísimo país, e non fagades o imbécil. Que entendo que os bulos os solten os Vito Quiles de turno porque teñen interese económicos, non un random morto de fame frustrado da vida.
29.01.2026 16:21
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Regularizar migrantes é un dereito humano fundamental que non necesita xustificarse con argumentos mercantilistas. E por suposto aparecen os fascistas de turno, que non son poucos, a soltar memeces como que o PSOE fai iso para gañar votos.
29.01.2026 16:21
👍 1
🔁 1
💬 1
📌 0
Deixas de meter diñeiro na pública para enriquecer a empresas privadas (ligadas a intereses persoais propios dos partidos) ademais así, a Xunta saca peito de reducir listas de espera, e a privada presume de que medra a súa actividade. Todo 🤌.
25.01.2026 15:35
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
... monetizando e rascando likes mentres soltan bulos. Logo están os que se cren as súas estupideces querendo dar por válidos os seus prexuízos. E así estamos, nadando na inmundicia mediática coas desgrazas que ocorren.
23.01.2026 17:43
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
... as noticias que buscan o morbo da das mortes enfatizando na vida personal das vítimas, os micorrelatos de quen esquivou esa traxedia (polo motivo que sexa) que non aportan nada. Por suposto aparecen tertulianos que todo saben en programas de contido sensacionalista. Xente...
23.01.2026 17:42
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Sempre os mesmos patróns ante unha traxedia: bombardeo constante dende os medios de comunicación na que a maior cantidade de información son especulacións, moi residual e sesgada, e a inmediatez que leva a contradiccións e saturarnos, impídenos entender nada. Logo están...
23.01.2026 17:39
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Quen en 2026 siga pensando que EEUU se pasa polo forro todo o dereito internacional pola loita en favor da liberdade e a democracia non é que sexa idiota, é que defende o imperialismo abertamente por puro interese. Xente que leva a barbarie ben dentro.
03.01.2026 15:17
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
O que me fai querer pasar con amabilidade estas festas é ser consciente que igual son as últimas que vou pasar con seres queridos que probablemente xa non estean dentro dun ano. A tristura é o que empurra a pretender desfrutar; edulcorando todo. As presas de vivir co tempo e situación en contra.
02.01.2026 15:55
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Sabes esa sensación de que todo vai ben, que eres super feliz e que estás en paz coa vida? Eu tampouco.
25.11.2025 19:49
👍 2
🔁 1
💬 0
📌 0
Por qué somos comunistas
24.11.2025 20:28
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Spoiler para a chavalada: por moito autoritarismo que anheledes, o capitalismo está esgotado, e é unha máquina de triturar persoas e non van volver esos tempos -imaxinarios- de falsa sensación idílica debido o expansionismo de capital.
21.11.2025 11:35
👍 2
🔁 1
💬 0
📌 0
O que máis me fascina da moda nostálxica do franquismo entre a xente nova (e non tan nova, ollo) non é esa idealización dunha Españita que non existiu, senón a idea en si mesma de que se a xente tiña traballo e casa o réxime tan malo malo non sería. Como se houbese que dar grazas por poder existir.
21.11.2025 11:35
👍 2
🔁 1
💬 1
📌 0
É para volverse tolo ser consciente de que estamos en mans de absolutos criminais. Non é que sexamos mortos baratos é que somos simple maquinaria de producir despoxados de todo rastro de humanidade.
19.11.2025 13:11
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Non sei como dicirlle que o noso é imposible, que a pesar de que me dea cariño tamén me dá moita alerxia e iso non é ben 🥲
17.11.2025 20:39
👍 2
🔁 0
💬 0
📌 0
O coñecemento só se valora se se pode mercantilizar, o éxito da escola mídese en superar tarefas coas que te van cargando de retos e obrigas. Así nada queda da nosa capacidade de ser autónomos.
04.11.2025 17:19
👍 1
🔁 1
💬 0
📌 0
Pensando no paradóxico que é que «escola» proveña do griego «Skholé», que significa «ocio» e pouco hai de ocioso nos centros educativos xa que se forman persoas para ser produtivos o sistema e non para cultivar coñecemento. Na que todo se mide en facer, e non en ser.
04.11.2025 17:18
👍 2
🔁 1
💬 1
📌 0
Non debemos conformarnos con pedir dimisións políticas en xa está, como se que con iso fose castigo dabondo. Ata nunha democracia burguesa as decisións destos criminais deben ter consecuencias penais graves. En non só para os que están nos parlamentos senón tamén os empresarios.
30.10.2025 09:27
👍 2
🔁 1
💬 0
📌 0
Sempre foi un tipo con trazas de ser insoportable. Tampouco me pilla de sorpresa.
29.10.2025 09:34
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
Algo que me parece admirable do meu pai é a súa capacidade para non perder o sentido do humor pese a súa enfermidade. Está canso e desesperanzado e aínda así busca sempre poñer unha cara amable ós demais para suavizar todo. Horrorízame pensar como o afrontaría eu no seu lugar.
27.10.2025 19:29
👍 1
🔁 0
💬 0
📌 0
A peli de San Simón estando ben Telo a sensación que se desenvolve bastante light para todo o que se podía contar, e sobre todo de maneira máis cruda. Si, moito máis*. Aínda así é capaz de transmitir crueldade reflectida no rostro dos presos, sen necesidade de diálogo.
26.10.2025 15:01
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0