Galegas's Avatar

Galegas

@galegas

Unha publicación, de cando en vez, sobre as nosas antecesoras. Celia Torres Bouzas. ALTRI, NON!

453
Followers
84
Following
117
Posts
15.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by Galegas @galegas

Preview
Galicia dice `no` al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos Ya está disponible el número 79 de nuestra revista, en el que destacamos la investigación y el rechazo social en torno al proyecto de macrocelulosa de la multinacional Altri. Un atentado medioambienta...

Galicia dice 'no' al capitalismo verde y en el último número de la Revista El Salto te lo contamos @elsaltodiario.com www.elsaltodiario.com/el-salto-n79...

19.07.2025 19:57 👍 24 🔁 10 💬 0 📌 0
Preview
El cuento de Sargadelos La historia de la emblemática marca de porcelanas gallegas, hoy en manos del empesario Segismundo García.

O conto de Sargadelos www.publico.es/culturas/art...

16.07.2025 10:09 👍 4 🔁 2 💬 0 📌 1
Post image

Mulleres nunha escena da película "Mariñeiros".
📷 José Suárez, c. 1935.
O golpe militar non só fustrou o remate de "Mariñeiros" tal e como estaba previsto, senón que tamén botou por terra o proxecto dos documentais "Oleiros", "Canteiros" e "Feirantes".
🖊️ Sendón/Suárez Canal.

03.07.2025 07:45 👍 10 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

Muller no escano, O Corgo.
📷 Ruth Matilda Anderson, 1925.
O fume foi un elemento de suma utilidade durante moito tempo xa que permitía conservar boa parte dos alimentos. A aparición das chemineas, e polo tanto das campás ou cambotas, supuxo unha mellora na habitabilidade das casas.

02.07.2025 15:25 👍 12 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

Leiteiras de reparto en Vigo.
📷 Magar, 1964.
Ata ben entrados os anos 80, en Vigo conviviu o leite repartido polas leiteiras co leite envasado. A primeira empresa de leite pasteurizado foi a "Central Lechera de Vigo" que, fundada nos anos 40, comercializaba baixo a marca "nai".

30.06.2025 11:35 👍 13 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

Muller cun arado de pau.
📷 Carlos Valcárcel, c. 1970.
En Galicia o arado de pau nunca foi desprazado totalmente polo veso. O arado de pau custa menos; pode facelo e arranxalo o mesmo labrego; manéxase sen dificultade en leiras pequenas, que tanto abundan no país...
🖊️ Mariño Ferro.

07.06.2025 19:04 👍 12 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Muller vendendo ovos e froita, Vigo.
📷 Ramón Dimas, 1956.
Ovos fritidos, cocidos ou en tortilla, un alimento fundamental na dieta galega.
A tortilla de pataca, de chourizo, de grelos, roxóns, de bacallau... Sen esquecer "os formigos", ou sexa, a tortilla de pan, ovos e leite.

29.05.2025 11:23 👍 12 🔁 5 💬 0 📌 0
Post image

Mulleres no mercado das cestas.
📷 Ramón Dimas, 1956.
As cestas de vergas, moi utilizadas nas zonas costeiras para o carrexo de peixe e marisco, están feitas de tiras de madeira de castiñeiro, salgueiro ou carballo.
Dependendo da forma e tamaño chámanse patela, carabelo, paxe...

27.05.2025 16:14 👍 22 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

Nena á porta da casa en Cangas.
📷 Ruth Matilda Anderson, 1924.
A tipoloxía de casa, de gran difusión en toda a costa meridional galega, é a casa con patín, vivenda con acceso exterior á planta superior por unha escaleira dun só tramo que culmina nun patamal.
🖊️ Pedro de Llano.

21.05.2025 08:58 👍 9 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Pandeireteira e violinista descansando na feira.
📷 Autoría descoñecida, 1917.
Unhas Letras Galegas, as de 2025, centradas sobre todo nas mulleres, principais creadoras e transmisoras da tradición oral.
Polas cantareiras, polas pandeireteiras... pola poesía popular.
Vivan as #LetrasGalegas2025

17.05.2025 07:11 👍 85 🔁 20 💬 1 📌 0
Post image

Grupo musical na rúa do Pracer, Tui.
📷 Gonzalo Gutiérrez, 1925.
O violín chega a Galicia a través do Camiño de Santiago, traído polos peregrinos. A súa expansión produciuse da man de persoas cegas e esmoleiras que percorrían as romarías, festas e feiras de vilas e cidades.
✍️Calixto Albán.

16.05.2025 12:15 👍 8 🔁 1 💬 0 📌 1
Post image

Muller e nena xitanas de paso por Becerreá.
📷 Maruja Roca, c. 1940.
"A obra da fotógrafa Maruja Roca é inédita, ten un estilo propio moi marcado. Retrata a todo tipo de xentes: nenas e nenos, pero sobre todo moitas mulleres, con especial atención ás xitanas".
✍️ Fernanda Padín.

15.05.2025 13:32 👍 10 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Muller na feira de Santiago.
📷 Ricard Terré, 1962.
"Tódolos modelos e tódolos momentos son bos, todo depende de se está a foto neles ou non. Tes que ter a sensibilidade para entrar no instante de maior expresividade, pero a foto non a fabrico, a foto está aí".
🖊️ Ricard Terré.

12.05.2025 08:10 👍 8 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Emilia Pardo Bazán no Pazo da Pastora, Vigo.
📷 A. D., c. 1890
"Mimada polas Musas,
servida polas Grasias,
cun corazón que vive de harmonías,
nobre cantora das gallegas praias,
ben merecés reinar como reinades,
manífica, ausoluta soberana".
✍️"No abano de Emilia Pardo Bazán" Rosalía de Castro.

08.05.2025 11:33 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Olimpia Valencia na súa clínica da rúa do Príncipe, Vigo.
📷 Ksado, 1928.
Olimpia Valencia, a primeira médica galega, non puido especializarse en neumoloxía a pesar do seu brillante expediente (19 matrículas de honra), non estaba ben visto que unha doutora tratase aos homes.

06.05.2025 12:34 👍 29 🔁 12 💬 0 📌 1
Post image

Rapaza en Aldán, Cangas.
📷 Otto Wunderlich, c. 1930.
As mulleres, dende moi novas, cargan na cabeza, cestas, olas, tallas, feixes de herba, sellas, baldes... Para asentar mellor a carga, poñen unha rosca de palla ou trapo chamada, segundo as zonas, mulido/a, rodela ou rolla.

03.05.2025 16:54 👍 8 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Tecedeira de Padrón.
📷 José Suárez, c. 1930.
Consonte vai tecendo, pisando unha premedeira con cada pé, a tecedeira vai envurullando o lenzo no orgo do pano e afrouxando o fío no orgo do liño.
🖊️ Xaquín Lorenzo, Xocas.

02.05.2025 15:32 👍 8 🔁 2 💬 1 📌 0
Post image

Muller diante dunha casa co muro piñón cuberto de cunchas.
📷 Valentín Roldán Real, c. 1955.
Nalgunhas áreas da costa o caleado aparece complementado, nas paredes máis batidas polo vento, cunha capa de valvas de vieira colocadas a modo de cuberta de lousa.
🖊️ Pedro de Llano.

29.04.2025 08:26 👍 6 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Muller recollendo patacas ao pé da Torre de Hércules, A Coruña.
📷 Xosé Castro, c. 1975.
Despois de 1926, ou sexa, cando se redimiron os foros e os campesiños foron libres para sementar o que máis lle conviña, a expansión da pataca cobrou un novo impulso.
🖊️ Mariño Ferro.

24.04.2025 08:44 👍 10 🔁 4 💬 0 📌 0
Post image

Maruja Mallo con manto de algas, Chile.
📷 Aut. desc., 1945.
A pintora galega Maruja Mallo foi unha das figuras claves do surrealismo do s. XX. Unha muller que non só se rebelou contra as normas artísticas tradicionais, senón tamén contra a sociedade conservadora.
✍️Cristina Arufe.

08.04.2025 13:25 👍 44 🔁 14 💬 1 📌 1
Preview
O manuscrito esquecido de Dolores del Río, a premiada escritora galega de comezos do século XX A investigadora Ana Belén Feijoó descobre unha carta da autora coruñesa dentro da primeira edición do seu libro 'Ráfagas', datado en 1908

O manuscrito esquecido de Dolores del Río, a premiada escritora galega de comezos do século XX www.gciencia.com/retro/o-manu... vía @GCiencia

07.04.2025 12:26 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Mulleres traballadoras da Fábrica de Tabacos da Coruña.
📷 Autoría descoñecida, 1924.
"Viviamos nunha casiña no arrabalde da Gaiteira, a carón do río Monelos, que vai desembocar á baía da Coruña por detrás da gran Fábrica de Tabacos".
✍️ "A nena lectora" de Manuel Rivas.

07.04.2025 08:37 👍 14 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

Mariscadora, Betanzos.
📷 Veiga Roel, c. 1955.
Co corpo castigado pola humidade, polo frío e o sol, polo esforzo feito para arrincar o berberecho, a ameixa, o longueirón... A muller crúzase, camiño de volta a casa, coa veciña e espétalle:
-"Quen me dera morta para estar deitada!"

02.04.2025 13:54 👍 11 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

Bailando unha regueifa nun casamento en Noia. As mozas casadeiras, co pan de voda na cabeza, prepáranse para bailar.
A tradición di que a que perda o pan non casará no ano que corre.
🖊️📷 Porfolio de Galicia, 1905.

01.04.2025 14:11 👍 34 🔁 5 💬 0 📌 0
Post image

Muller baixando pola rúa San Francisco no barrio mariñeiro do Berbés, Vigo.
📷 Lucien Roisin, c.1930.
Roisin foi un fotógrafo e editor francés establecido en Barcelona coñecido pola gran cantidade de postais que editou con imaxes de diferentes lugares e persoas do Estado español.

29.03.2025 10:46 👍 8 🔁 0 💬 0 📌 1
Post image

Mariscadoras na ría de Noia.
📷 Anna Turbau, 1978.
Nos anos 70, Anna Turbau podería considerarse unha das máis importantes fotorreporteiras que había en Galicia, onde chegou como colaboradora das revistas "Interviú" e "Primeira Plana".
🖊️ Rebeca Pardo.

20.03.2025 14:36 👍 15 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Nenas xogando no Areal, Vigo.
📷 Raniero Fernández, 1959.
En 1958, dous empresarios dos EEUU, lanzaron a versión do aro feita de marlex, un plástico de recente invención. No primeiro ano a empresa vendeu 100 millóns de 'hula hoops". O aro foi dos primeiros xogos en globalizarse.
🖊️Cortizas.

17.03.2025 18:10 👍 10 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Muller vendendo pan na feira.
📷 José Suárez, 1960's
Marzo, espigarzo;
abril, espigas mil;
maio, froleado;
San Xoán, granado;
Santiago, fouciño ao rabo;
pola Santa Mariña,
metido na arquiña.
Que é?
✍️ Popular

06.03.2025 14:02 👍 10 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Rosalía de Castro retratada pola súa filla Alejandra Murguía de Castro.
"Alejandra, que naceu en 1859, retratou a unha Rosalía adolescente inspirándose, seguramente, nunha fotografía moi anterga."
🖊️Carvalho Calero.
#DíadeRosalía

23.02.2025 19:27 👍 16 🔁 4 💬 0 📌 1
Post image

Muller apañando patacas no Morrazo.
📷 Xosé Suárez, c. 1935.
"A pataca fixo entre nós a función de "quitafame" como alternativa á castaña infectada de tinta. Hoxe son moi cobizadas as da Limia, as da Terra Chá, as de Lemos, as de Bergantiños, as de Coristanco".
✍️ Fausto Galdo.

17.02.2025 17:47 👍 16 🔁 4 💬 0 📌 0