E ata aquí a queixosa bitácora dunha adulta desenganada pero moderadamente privilexiada sobrevivindo á súa nova realidade como traballadora.
E ata aquí a queixosa bitácora dunha adulta desenganada pero moderadamente privilexiada sobrevivindo á súa nova realidade como traballadora.
E non, iso de que temos sorte porque “as materias de clásicas só as colle xente con boas notas e nunha etapa educativa postobrigatoria” xa non é así. Quen acaba en humanidades faino co convencemento de que Latín e Grego son dúas marías que podes sacar con sobresaínte sen saber facer a O cun canuto.
O caso é que de súpeto hai que volver amoblar a cabeza e adaptarse a unha casuística laboral singular, intentando desvincularte emocionalmente de “faltadas” que van dirixidas a erosionarte no emocional mentres cumpres co mínimo e rezas para que ninghún titor legal che pida contas ao remate do curso.
Que si, cun grao, dous másters e un doutoramento fica claro que o teu plan A era outro moi diferente, pero tampouco é ninghunha deshonra para a túa estirpe ter que optar por un medio de vida que non desexaches pero no que, polo menos, atopaches unha porta aberta despois de tanto NON.
Porén, cómpre non descoidar a autocrítica sen caer na autocompaixón do relato da “xeración sobrecualificada e defraudada polo sistema que acaba ghañando o pan enfrontada á xeración máis desmotivada e sobreprotexida” (pouso de realidade ten, pero non deixa de ser unha evasión de responsabilidade).
Porque si, é imposible sementar algo que frutifique en aulas pragueadas de desinterese (ou hostilidade), inmaturidade esaxerada e eivas académicas consolidadas despois de anos de permisividade. Ter que mandar calar ducias de veces aulas enteiras do antigo COU xa é algo que non podo nin cualificar.
Por cousas da vida (que nun inicio non busquei) acabei de ensinante (non me atrevo a chamarme docente) no ensino medio, coa obvia frustración provocada polas circunstancias nas que hai que exercer o oficio mais coa irónica satisfacción de poder poñer (boa) comida na mesa ao final do mes.
Por certo, esta pasaxe é da súa excelente “Medea dos fuxidos”, probablemente a miña favorita da súa inxente produción dramática (e a miña segunda Medea preferida despois da de Eurípides, obvio).
Se algho aprendín do teatro de Manuel Lourenzo (ademais de que toda a traxedia grega podía coller nunha privilexiada e talentosa cabeza, a súa) foi que hai que ter coidado coas degustacións de filloas de sangue. Porque nunca se sabe que (ou a quen) podes estar dixerindo despois duns bocados.
Con todo, dedicarei unha ou dúas xeiras a sentir moita compaixón de min mesma, a anoxarme cun sistema que ninguén quere cambiar e a culpabilizarme por non ser o suficientemente [insira virtude “random” que encaixe nos valores do capitalismo cr*minal]. E despois si, a positivar.
Pero boeno, supoño que á vida hai que vir choradas da casa (da uterina, a este paso) e tamén supoño que cómpre calibrar os fracasos sen pasarnos de voltas e sen esquecer o privilexio do que seghimos gozando por vivir nesta beira do ecuador. #Autoaxuda #CrecementoPersoal #SiQuieresDineroHazDinero
O que xa é cada vez máis imposible de aturar é esa sensación de baleiro que che dá pensar que levas, que sei eu, dez ou quince anos esforzándote e facendo “ben” todo o que supostamente ía ser unha garantía de futuro para que o único que che retornen sexa unha pouca m*rda.
E cheghadas a este punto, no que nin nun exame nin nun desaughado obtemos o máis mínimo favor do azar, xa non sei se tirar a toalla da vida e botarme ao deserto cunha camioneta, uns altavoces e uns fardos, e esperar a fin do mundo transformada nunha ménade raveira. #ÓliverLaxeApproves
Pois efectivamente non só palmei na primeira partida do xogho da lura da función pública, senón que fun incapaz de desatascar a tubaxe do lavabo a base de vinaghre e bicarbonato mentres me laiaba polo porvir precario que teima en atraparme nas súas poutas.
E tamén seguirei ofrecendo libacións a todo o panteón olímpico para que este pesadelo cíclico no que sempre hai que estar demostrando e poñéndote a proba por absolutamente todo remate dunha santa vez para imaxinar formas menos crueis de cubrir postos de traballo públicos.
Mañá a estas horas estarei saíndo do meu enterramento nos cascallos, sen épica algunha, intentando reunir a dose xusta de amor propio para non pensar que son unha fraude absoluta e tratando de recompoñer a miña vontade para seguir adiante. Non (só) é mala poesía, non, son as condanadas oposicións 😅.
Leo por aí que a recepción do novo disco de Miley está sendo morna tirando a indiferente, pero eu levo unha semana querendo vivir para sempre en “Every girl you’ve ever loved” e sen ninghunha intención de baixar da burra de que este é o seu mellor traballo. Aghora si, preparen a munición 😅.
Por certo, unha película excelente, pero nos tempos que corren case non me atrevo a recomendala vendo que hai xente que integra na súa personalidade sen un gramo de ironía o “exemplo” que dá “O lobo de Wall Street”. Que non farían cun filme que vai en serio 😓🤕!
E non, non falo da escena do bordo (que tamén lle chegha), senón do momento no que toda a panda de nostálxicos do “reich” liderados polo personaxe de Edward Norton queda para asaltar un supermercado.
O vídeo en redes das xuventudes dese partido político que perverteu o selo de calidade dun coñecido dicionario sinalando algúns pequenos negocios como non autóctonos cospe tanta violencia que só lle faltan encapuchados, bates e unha reprodución daquela desagradable escena de “American History X”.
Pois esta é a cara que che queda cando ves que te presentaches a un proceso de selección de PDI máis amañado có televoto eurovisivo e, ao mesmo tempo, te decatas de que paghaches un quilo e medio de plátanos a 6,47 euros. E así vai aló un día máis de camiño cara á morte 😅.
Por suposto, calquera semellanza entre a poesía homérica e a vida (xa non digamos entre o seu mítico conflito bélico e os masacres do presente) é puramente accidental 😅.
Nun momento do canto VI da “Ilíada”, Menelao compadécese do troiano Adresto ata o punto de perdoarlle a vida e retelo á espera dun rescate, mais axiña aparece Agamenón para lembrarlle que o odio é unha emoción de máximos capaz de abranguer a quen non pode defenderse ou a quen aínda non naceu.
Por certo, que rico aperitivo de resaibo glutamático e artificial.
É unha coita menor, seino, pero de verdade que xa non podo levar a conta de profesionais da comunicación que, cunha deliberada ignorancia do minimísimo latín que debería esixirse para informar sobre o Vaticano, pronuncian “PAPA” coma se despois fosen engadir un “DELTA”.
A min, máis que a “futbolización” e estetización do conclave, preocúpame que non quede neste mundo latinista que nos salve da perda do “m” do acusativo na sentencia “Habemus papam”.
Pois resulta que o meu libro de Historia da filosofía de segundo de bacharelato viña con “pullita” para calquera que sentise a tentación de mirar por riba do ombreiro aos presocráticos e a racionalidade das súas explicacións… #TalesTheBoss
Con todo, tampouco me vou poñer a apostar cartos, porque San Marino nunca ghaña Eurovisión nin as Illas Feroe poden loghrar un mundial de fútbol ata que un día simplemente pasa. Nunca se sabe o que pode anunciar a fumata branca.
Despois dos últimos doce anos de servizo divino, eu o que teño claro é que no próximo cónclave han ter coidado de “votar ben” (e xa se sabe o que iso significa 😅).
Dito isto, é incrible como, fagha o que fagha, teño que acabar volvendo unha e outra vez ao que dixo o primeiro ghran “todólogo” da historia do pensamento occidental 😅.