2/3 - "Coche conectado e coche autónomo, unha nova comunidade cooperativa" - Roberto Pérez e Tomás Prado, no IES de Soutomaior.
Moitas grazas a todos e todas por axudarnos a compartir a paixón pola telecomunicación!
#conexionTeleco
2/3 - "Coche conectado e coche autónomo, unha nova comunidade cooperativa" - Roberto Pérez e Tomás Prado, no IES de Soutomaior.
Moitas grazas a todos e todas por axudarnos a compartir a paixón pola telecomunicación!
#conexionTeleco
Por parte de Optare Solutions:
27/2 - "Coche conectado e coche autónomo, unha nova comunidade cooperativa" - Julio Andón e Celso Conde no IES Monte Carrasco de Cangas.
2/3 - "Como funciona Internet?" - Carolina González e Diego Diarte no CPR La Inmaculada de Ponteareas.
#conexionTeleco
Por parte de @gradiantct.bsky.social, o 27 de febreiro Sindy Rocío Mojica explicou "O lado ético da Intelixencia Artificial" no CPR Santa Cristina de Vigo. E o 3 de marzo Carlota Cañamero falou sobre "IA que cura... ou mesmo cultiva" no colexio Calasancias de Vigo.
#conexionTeleco
Ademais dos nosos docentes, tamén hai profesionais de empresas da rede #conexionTeleco impartindo charlas divulgativas por colexios e institutos para fomentar o interese polas carreiras STEM. E algúns deles son exalumnos ou exalumnas de #TelecoVigo!
Así celebramos (por adiantado) o Día Internacional das Nenas nas TIC en #telecoVigo, coa xornada #ElasFanTIC
teleco.uvigo.es/novas/2026/0...
27/2 - Íñigo Cuiñas no CIFP A Xunqueira - A telefonía móbil e os cambios na sociedade: cara á sexta xeración (6G)
13/2 - José Carlos López Ardao no IES Concepción Arenal de Ferrol - Érase unha vez... Internet!
É sempre un pracer compartir a nosa paixón pola telecomunicación coa mocidade!
Máis charlas divulgativas #beTelecoVigo!
9/3 - Enrique Costa no IES de Barro - Seguridade en dispositivos móbiles
5/3 - Jaime González no IES María Soliño de Cangas - O teu algoritmo e ti
4/3 - Carlos Mosquera en Salesianos Ourense - Ecos do invisible
Es alumna ou alumno de 2º do grao #telecoVigo e aínda non sabes cal das 4 Mencións escoller o próximo curso?
Non perdas esta sesión informativa o vindeiro mércores, 18 de marzo!
#somosTelecoVigo
Enxeñaría de Telecomunicación da UVigo celebrou o 8M reivindicando as TIC feitas por mulleres
Interesante entrevista á catedrática de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Ana Fernández Vilas en Mujeres en la onda de Radio Voz Vigo e @lavozdegalicia-bot.bsky.social 👌
Podes lela e escoitala en www.lavozdegalicia.es/noticia/vigo...
Tamén a atopamos nesta reportaxe de @gconfidencial.bsky.social sobre "Pioneiras pola igualdade no traballo" 👏
www.galiciaconfidencial.com/noticia/5798...
Felices de atopar neste artigo sobre pioneiras de @lavozdegalicia-bot.bsky.social á docente de #TelecoVigo Edita de Lorenzo, a primeira muller en dirixir unha escola de enxeñaría en Galicia (en 2009). Ela mostra a súa preocupación pola fenda de xénero que aínda existe nas carreiras STEM
Con esta xornada, coordinada pola enlace de igualdade Soledad Torres, e patrocinada pola cátedra Indra, agardamos visibilizar o papel das mulleres no ámbito de enxeñaría e espertar vocacións tecnolóxicas entre as máis pequenas!
#beTelecoVigo #girlsinICT
O venres celebramos unha nova edición de #ElasFanTic en #TelecoVigo 💜Recibimos a alumnado de 5º e 6º de primaria dos colexios Sobreira-Valadares e Fonte Escura, que participaron en dous obradoiros de robótica e programación dirixidos polas nosas estudantes.
E o martes, Juan Carlos Burguillo falou sobre as aplicacións, beneficios e riscos da Intelixencia Artificial nos colexios Nuestra Señora de la Asunción de Sarria e IES Río Cabe de Monforte de Lemos.
#beTelecoVigo
O luns, Rebeca Díaz explicou ao alumnado do IES Arcebispo Xelmírez (Santiago de Compostela) onde está e para que se usa a nosa información cando vai "á nube".
Seguimos espallando a nosa paixón pola telecomunicación!
O pasado venres, a docente de #TelecoVigo e investigadora de #AtlanTTic Laura Docío impartiu a charla "Rompendo barreiras de comunicación coa Intelixencia Artificial" no IES Illa de San Simón de Redondela.
Elas fan TIC | 45 nenas e nenos de 5º e 6º de primaria virán mañá a #TelecoVigo para participar en dous talleres técnicos impartidos por alumnas da Escola. Con esta xornada, patrocinada pola cátedra Indra, conmemoramos por adiantado o Día da Muller e da Nena nas TIC 👩💻
Unha das cousas que máis valoran os nosos estudantes de Teleco é a cantidade de portas que lles abre esta carreira. Lucía, por exemplo, aínda non ten claro que camiño profesional quere seguir, pero sabe que poderá escoller o que máis se axuste ao que lle apaixona.
#beTelecoVigo
O docente de #TelecoVigo e investigador de #AtlanTTic Juan Carlos Burguillo estivo a semana pasada no colexio Sagrado Corazón de Celanova, falando ao alumnado sobre as aplicacións, beneficios e riscos da Intelixencia Artificial 👌
#beTelecoVigo
Un equipo de atlanTTic desenvolveu un simulador virtual que permite aprender a navegar polo interior do intestino humano mediante realidade virtual, intelixencia artificial e escenarios clínicos personalizados.
E o 25 de febreiro, Enrique Costa visitou o IES Monte da Vila do Grove para abordar a seguridade en dispositivos móbiles: www.edu.xunta.gal/centros/iesm...
O 20 de febreiro tamén estivo Juan Carlos Burguillo no IES Álvaro Cunqueiro de Vigo impartindo a charla "Intelixencia Artificial: aplicacións, beneficios e riscos".
Manuel Caeiro visitou o 19 de febreiro o IES A Cachada de Boiro, e o 20, o IES de Mos, para falar sobre ser ou non ser hacker e o dilema dos sombreiros.
O 12 de febreiro Jaime González estivo no colexio Santiago Apóstol de Ponteares explicando que é exactamente un algoritmo e que funcións desempeña na nosa vida cotiá.
#beTelecoVigo | Os nosos docentes de #TelecoVigo e investigadores de #AtlanTTic ofrecen diversas charlas divulgativas a centros preuniversitarios, para espertar o interese dos nenos e nenas pola telecomunicación e os estudos técnicos.
Mañá e pasado estará a unidade móbil de doazón de sangue diante da Escola, en horario de 09:30 a 14:30 h. Só precisas 10 minutos da túa vida para salvar a doutros!
#doasangue
Temos que pospor a xornada de portadas abertas.
A data definitiva será o xoves 16 de abril de 2026, ás 16:30. A non perder!
#beTelecoVigo
O campus de Lagoas-Marcosende xa conta cun laboratorio aberto para probar as comunicacións móbiles do futuro en contornas reais. A iniciativa consolida a atlanTTic como referente internacional en tecnoloxías 5G avanzado e 6G.
Estás pensando que estudar e interésante as tecnoloxías que conectan o mundo? Queres saber en que consiste o grao de teleco, coñecer as nosas instalacións ou descubrir as vantaxes desta carreira? Vén o 9 de abril o día de portas abertas!
Inscríbete xa en bit.ly/PortasAberta...