🔴 Última hora 🔴
A Candeloria CHORA: Medio inverno vai fóra!! 🐦❤️🐦
🔴 Última hora 🔴
A Candeloria CHORA: Medio inverno vai fóra!! 🐦❤️🐦
E claro (volvendo ao fío) igual gardar todo, como dis, non ten sentido, pero é fodido que, ao ritmo ao que morren estas plataformas, información que pode ser relevante pode acabar por desaparecer antes de que saibamos que o era e que se poida preservar.
Hoxe volvendo da dos sogros saíu no coche a conversa do limite da tella e eu saquei o termo "isolousa", dicindo que "debe de ser dos neoloxismos de TW que máis chegou fóra". Despois (por interese filolóxico) fun facer búsquedas a ver cando se usara por primeira vez...
1/
Nin confirmo nin desminto que un ano houbese quen volvese no bus cun porquiño.
Se non estou moi desorientado creo que estiveches por onde a ribeira do meu sogro.
Coma sempre destas horas... vai o desexo unitario, que vale para todo o mundo:
Que o ano novo sexa mellor có anterior!
Nesta casa o 2024 foi desigual, mais demos primeiros pasos que han dar froito nos anos que veñen 🌱🌄
Ceo vermello ao mencer...
Van 20 anos, e o lío lieis liei liomen liete liusi estará na miña mente até que morra
A etimoloxía é a mesma, "Bound by ties of gratitude".
O "obrigado" como recoñecemento de aquel que quedaba vencellado por agradecemento do favor feito.
Ás veces gústame pensar que os prefacios dos textos do XVIII só son a versión antiga do típico e-mail demasiado elaborado ao que o interpelado contesta cun "OK."
A ver se vai ser outra cousa e non a plataforma, daquela. 🙄
No outro sitio, ultimamente estábame a pasar que (non sei por que) non sabía que escribir e ás veces pasaba días sen poñer nada por iso.
No que levo por aquí a sensación é a mesma, e así é que ao final tardei días en subir unha primeira mensaxe, e acabou sendo esta... 🤷♂️