⚠️Contra a escalada belicista do imperialismo, que cada día multiplica as súas agresións e ansias de control en diversas partes do mundo, só cabe unha resposta: a mobilización por unha paz que respecte a soberanía dos pobos.
⚠️Contra a escalada belicista do imperialismo, que cada día multiplica as súas agresións e ansias de control en diversas partes do mundo, só cabe unha resposta: a mobilización por unha paz que respecte a soberanía dos pobos.
⛔️A CIG exixe a derrogación da reforma laboral do PP en materia de despedimento e garantir a aplicación da Carta Social Europea
✍️A central impulsará unha Proposición de Lei para blindar o carácter vinculante das decisións do Comité Europeo de Dereitos Sociais
ℹ️ cig.gal/nova/derroga...
📢 Miles de docentes levan ás delegacións provinciais de Educación o seu malestar cos recortes e privatizacións no 2º día de folga
😡A CIG-Ensino incide en que a Consellaría "non pode seguir facendo oídos xordos" ás reivindicacións do profesorado
ℹ️ cig.gal/nova/profeso...
🏭A CIG reclama un plan de viabilidade e investimentos para garantir a actividade e o emprego na fábrica de Guidoni en #Narón
❗️A empresa incide na mesma medida que xa se demostrou ineficaz e acaba de presentar un novo ERTE. O anterior foi anulado pola xustiza.
ℹ️ cig.gal/nova/a-cig-r...
📣O persoal das Escolas Deportivas da #Coruña continúa coas protestas tras a “decepcionante” xuntanza co Concello
❌Critican que, malia o compromiso adquirido, o Goberno négase a recoller melloras laborais e salariais nos próximos pregos
ℹ️ cig.gal/nova/o-perso...
⚖️O TSXG declara que #Froiz non pode obrigar o seu persoal a realizar as tarefas de limpeza dos baños e as zonas comúns
🔴A CIG presentou conflito colectivo por esta práctica empresarial non recollida en convenio
ℹ️ cig.gal/nova/o-tsxg-...
📣CIG-Saúde reclámalle á Xunta uns orzamentos para recuperar a Atención Primaria e ofrecer condicións laborais dignas
❌Rexeita o cambio de modelo presentado pola Consellaría para que o persoal realice a xornada ordinaria nos centros de saúde e gardas obrigatorias nos PAC
ℹ️ cig.gal/nova/cig-sau...
🏫A CIG-Ensino propón na Mesa Sectorial unha maior dotación de persoal de atención á diversidade en todos os centros e a redución da ratio en orientación
👉Chama ao resto de organizacións sindicais a sumarse ás folgas do día 28 e 29
ℹ️ cig.gal/nova/a-cig-e...
🇵🇸#ParoXeral15O A clase traballadora galega para polos dereitos do pobo palestino e a fin da ocupación ilegal
📣Milleiros de persoas participaron nas 15 mobilizacións convocadas pola CIG con motivo da xornada de paro xeral
#15OxPalestina #StopXenocidio #GalizaConPalestina #BoicotIsrael
CIG non acude á xuntanza sobre os Orzamentos 2026 pola nula intención da Xunta de mudar as súas letais políticas para Galiza.
O secretario xeral cualifica de “farsa” a convocatoria da Consellaría de Facenda e reclama unha interlocución real cos sectores públicos en loita.
cig.gal/nova/a-cig-n...
✊A FCM-CIG quenta motores cara á folga da construción por un convenio galego do 5 de novembro
📣Delegados e delegadas da central concentráronse en Carballo diante da empresa do presidente da patronal galega
ℹ️ cig.gal/nova/a-fcm-c...
📣Persoal sanitario mobilízase no Hospital Clínico para exixir que se cumpra a xornada de 35 horas
🗣️CIG-Saúde reclámalle á xerencia que faga o cómputo de xornada ao persoal e de xeito individualizado e que se garanta o dereito aos días de descanso
ℹ️ cig.gal/nova/persoal...
🌐A CIG participou no acto conmemorativo central polo 80 aniversario da fundación da Federación Sindical Mundial
👉 cig.gal/nova/a-cig-p...
✊Seguimento maioritario do persoal de Serveo Industrial (auxiliar de Alcoa) na primeira xornada de paros en demanda dun convenio digno
📣Os traballadores e traballadoras mobilizáronse de 6 a 9 da mañá na entrada da fábrica de San Cibrao
ℹ️ cig.gal/nova/seguime...
📢A CIG-Ensino anuncia dúas novas xornadas de folga para o 28 e 29 de outubro se a Consellaría non negocia melloras laborais reais
📍Fai un chamamento ao resto de organizacións para que se sumen ás accións de presión para reverter os recortes e avanzar en novos dereitos
ℹ️ cig.gal/nova/a-cig-e...
💪Persoal de atención á discapacidade, dos centros menores e de educación infantil 0-3 irá á folga o 6 de novembro para reclamar convenios galegos
📢A CIG-Ensino tamén ten convocada unha manifestación o 25 de outubro, en Compostela
ℹ️ cig.gal/nova/persoal...
⚖️O xulgado declara nulo o ERTE de Guidoni Quartz (#Narón) e ordena a inmediata restitución dos contratos suspendidos
➡️Considera que a empresa non acreditou suficientemente as causas organizativas e produtivas alegadas
ℹ️ cig.gal/nova/o-xulga...
🕒Nova oportunidade para un debate que permita avances reais sobre a redución da xornada semanal ás 35h e o rexistro horario
🗓️O 14 de outubro debaterase no Congreso unha proposta de lei do BNG que recolle as principais demandas da CIG nestas materias
ℹ️ cig.gal/nova/nova-op...
📣Continúan en #Lugo as protestas contra o peche de oficinas e a destrución de emprego no #BancoSantander
⚠️A CIG-Banca alerta que, no que vai de ano, a entidade xa fechou 17 sucursais en Galiza
ℹ️ cig.gal/nova/continu...
🇵🇸 TAMÉN NO TRABALLO PAREMOS O XENOCIDIO‼️
📢A CIG convoca unha xornada de loita o 15 de outubro contra a masacre do pobo palestino. Ese día faremos paros xerais de catro horas por quenda de traballo
✊ Dende o río até o mar, Palestina vencerá
ℹ️ i.gal/ConvParos15O
Palestina precisa de nós máis do que nunca!
📢O vindeiro domingo 5 de outubro asiste á manifestación nacional convocada pola Coordenadora Galega de Solidariedade coa Palestina
🗓️Sairá ás 12 horas da Alameda de Compostela
🚍Haberá autobuses desde as diferentes comarcas
📣O persoal de Einsa Print mobilizarase o 23 de outubro en Madrid coincidindo co xuízo de impugnación do ERE
📍A asemblea de traballadores/as tamén acordou realizar outra concentración na semana previa, diante do Concello das Pontes
ℹ️ cig.gal/nova/o-perso...
📢Persoal da sanidade concéntrase en #Carballo en repulsa á agresión sufrida por compañeiras deste centro de saúde
🗣️Reclámanlle á Xerencia a adopción urxente de medidas reais de protección, para garantir un entorno laboral seguro e digno
ℹ️ cig.gal/nova/persoal...
📣Terceira xornada de folga en DIGI en defensa dunhas condicións laborais e salariais dignas
🔴A empresa teima na súas prácticas de esquirolaxe e nos intentos de criminalizar os dereitos fundamentais do seu persoal
ℹ️ cig.gal/nova/terceir...
📣As traballadoras e traballadores de #Cambre retoman as protestas ante a situación límite do Concello
⚠️A representación da CIG advirte que se está ao límite “do colapso administrativo”, cun persoal “esgotado, desgastado e claramente insuficiente”
ℹ️ cig.gal/nova/as-trab...
📣O persoal de DIGI, en folga contra a precarización das súas condicións laborais e salariais
❌A CIG presentou denuncia na Inspección de Traballo contra a empresa por esquirolaxe
ℹ️ cig.gal/nova/o-perso...
📣O persoal de Tivaygasa mobilízase polo cobro do seus salarios e na defensa dos seus empregos
❌A empresa non abonou a nómina de agosto e vén de comunicar o peche da planta de #Guitiriz
ℹ️ cig.gal/nova/o-perso...
📌O comité de Azul Handilng rexeita o ERE anunciado pola empresa de asistencia a #Ryanair no #RosalíadeCastro en #Lavacolla
❌Denuncian a perda de postos de traballo
👉https://cig.gal/nova/o-comite-de-azul-handilng-rexeita-o-ere-anunciado-pola-empresa-de-asistencia-a-ryanair-no-rosalia-de-castro.html
🔴O persoal de #DIGI da provincia da #Coruña irá á folga os días 23, 24 e 25 de setembro contra o recorte de dereitos do I convenio de empresa
📣Coincidindo coas xornadas de paro, haberá concentracións diante das tendas da operadora
ℹ️ cig.gal/nova/o-perso...
🔴A CIG rexeita o peche de Tivaygasa e reclama solucións que garantan a continuidade dos 20 empregos da planta de #Guitiriz
⚠️A empresa comunicou este mesmo mércores a súa decisión, que atribúe á grave situación económica
ℹ️ cig.gal/nova/a-cig-r...