As chaves da lingua's Avatar

As chaves da lingua

@aschavesdalingua

Mellora o teu galego sen morreres no intento! 📩 Subscríbete á nosa newsletter e recibe todos os mércores as novidades!

183
Followers
34
Following
118
Posts
18.12.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by As chaves da lingua @aschavesdalingua

Preview
8 libros galegos con película • As chaves da lingua Coñeces películas inspiradas en libros galegos? No artigo de hoxe, imos descubrir polo menos 5 libros teñen a súa propia película. Acompáñame!

A literatura galega tamén chega ao cine 🎬📚

Moitos libros escritos en galego foron levados á pantalla ao longo do tempo, permitindo descubrir historias da nosa literatura desde outra perspectiva.

Descúbreos neste artigo!🍿🎥

aschavesdalingua.gal/5-libros-gal...

09.03.2026 15:21 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Libros en galego para reflexionar e celebrar o 8M • As chaves da lingua Este libro traza a historia do movemento feminista en Galicia, desde os seus inicios ata as folgas do 8M. Cunha narrativa clara e accesible, a autora destaca

O #8Marzo é unha oportunidade para reflexionarmos sobre os retos que as mulleres afrontaron ao longo da historia e as conquistas que aínda quedan por acadar

Neste artigo, recoméndoche algúns libros sobre o papel das mulleres na nosa sociedade. 📚

aschavesdalingua.gal/libros-en-ga...

08.03.2026 11:03 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Os refráns de marzo: sabedoría popular sobre o tempo e o campo • As chaves da lingua O mes de marzo é un tempo de cambios: o inverno vai rematando e a primavera asoma. Na cultura popular galega, este mes está cheo de refráns meteorolóxicos e

O mes de marzo trae moitos cambios. O inverno vai rematando e a primavera asoma. 🌷

Descubre os refráns deste mes! 👇

aschavesdalingua.gal/refrans-de-m...

02.03.2026 15:32 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Os mellores poemas musicados de Rosalía de Castro • As chaves da lingua Neste artigo recollemos as mellores interpretacións musicais da poesía de Rosalía de Castro.

No Día de Rosalía de Castro celebramos unha voz que segue viva na música 🌹❤️

Neste artigo recollemos as mellores interpretacións da súa poesía 🎶

aschavesdalingua.gal/os-mellores-...

23.02.2026 18:18 👍 4 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
Caldo de gloria de Rosalía de Castro: receita, poema e significado • As chaves da lingua Descubre a receita do caldo de gloria de Rosalía de Castro, o seu significado no poema Miña casiña, meu lar e por que se prepara o Día de Rosalía.

🌹 O 23 de febreiro celebramos o nacemento de Rosalía de Castro, voz imprescindible da nosa literatura.

Desde hai anos, esta data acompáñase dun xesto simbólico coa preparación do caldo de gloria, inspirado no poema “Miña casiña, meu lar”.

aschavesdalingua.gal/caldo-de-glo...

22.02.2026 19:44 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

A lingua materna é moito máis que un instrumento de comunicación. É o espazo emocional onde comeza a nosa identidade! 🌍✨

Hoxe celebrámola! 🤍💙🤍

21.02.2026 10:22 👍 5 🔁 2 💬 0 📌 0
Post image

Tes dúbidas cos verbos? Nos sabes se é ou dormimos? 🤔

Verbos.gal é un chatbot creado para resolver dúbidas sobre verbos en galego: conxugación, formas correctas e usos.

Unha aplicación experimental creada por @aschavesdalingua.bsky.social

Próbaa en verbos.gal 🔗

18.02.2026 13:03 👍 9 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
De onde vén a palabra entroido: orixe, significado e variantes en galego • As chaves da lingua O Entroido é unha das celebracións máis antigas, ricas e simbólicas da cultura galega. Pero, máis alá das máscaras, da comida e da festa, a propia palabra

O Entroido é unha das celebracións máis antigas, ricas e simbólicas da cultura galega.

Descubre de onde procede e as súas variantes! 👇

aschavesdalingua.gal/orixe-da-pal...

13.02.2026 15:20 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Descubre o proxecto Palabra e Memoria • As chaves da lingua Hai espazos en que a lingua fala sen intermediarios. Sen modas, sen estratexias, sen corrección política. Os cemiterios son un deles. As palabras gravadas na

Os cemiterios reflicten de forma directa e sen filtros as eleccións lingüísticas dunha sociedade.

Nese contexto nace Palabra e Memoria, un proxecto de educación social e investigación que documenta o uso do galego nos cemiterios de Galicia.

aschavesdalingua.gal/descubre-o-p...

04.02.2026 19:09 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Os nomes dos ventos en Galicia e o seu significado • As chaves da lingua Descubre os nomes dos ventos de Galicia: do ávrego ao cerzo, da airexa á galerna. Un vocabulario que conecta a lingua coa terra e o mar.

🌬 Cada vento conta unha parte da nosa historia.🍃

Coñecer estes nomes non é só cuestión de vocabulario. É comprender como a nosa xente interpretaba o tempo, como se protexía da inclemencia e como aproveitaba as correntes para navegar.

Descúbreos aquí 👇

aschavesdalingua.gal/os-nomes-dos...

01.02.2026 17:44 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro • As chaves da lingua Este artigo recompila sete poemas musicados de Celso Emilio Ferreiro que axudan a entender por que segue sendo unha das voces máis potentes da literatura galega contemporánea.

A obra de Celso Emilio Ferreiro mantense viva non só pola forza da súa palabra, senón porque moitos músicos a fixeron soar máis alá do papel. ✍️🎶

Este artigo recompilamos os mellores poemas musicados. 👇

aschavesdalingua.gal/poemas-music...

09.01.2026 13:32 👍 2 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Refráns de xaneiro. Sabedoría popular para comezar o ano • As chaves da lingua Xaneiro é un mes de frío, xeadas e predicións sobre o tempo que marcará o resto do ano. A seguir, deixámosche unha selección dos mellores refráns de xaneiro e o seu significado.

❄️ Xaneiro, mes de frío e sabedoría popular! 📜🔥

Se queres saber que nos di a tradición sobre este mes, bótalle un ollo aos mellores refráns de xaneiro en galego! 🌨️☀️

aschavesdalingua.gal/refrans-de-x...

04.01.2026 15:30 👍 2 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
14 palabras para falarmos do frío en galego • As chaves da lingua En Galicia, sabemos ben o que é pasar frío. O inverno pode ser húmido, seco, con xeadas ou con neve, pero hai algo que nunca falta: as palabras para

❄️ Nestes días de baixas temperaturas, necesitas coñecer estas palabras!

aschavesdalingua.gal/palabras-par...

26.12.2025 11:57 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Carta aos Reis Magos en galego para descargar • As chaves da lingua Aquí tes o modelo de carta aos Reis Magos en galego para descargar en PDF e así poder gozar dunha das noites máis máxicas do Nadal

Tamén está dispoñible a versión para os Reis Magos! 👑

aschavesdalingua.gal/carta-aos-re...

18.12.2025 15:58 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Carta ao Apalpador para descargar en PDF • As chaves da lingua O Apalpador está a piques de baixar das montañas do Courel cargado de castañas, agasallos e ilusión. Se aínda non lle escribiches a túa carta, agora é o momento

✍🎄 O Apalpador é unha das figuras máis recoñecibles do Nadal galego.

Neste artigo atoparás diferentes modelos de cartas listos para descargar e para que as crianzas poidan escribirlle ao Apalpador os seus desexos.

aschavesdalingua.gal/carta-ao-apa...

18.12.2025 15:53 👍 3 🔁 5 💬 1 📌 0
Preview
O Nadal en galego. Vocabulario esencial para estas datas • As chaves da lingua O Nadal é unha época chea de tradicións, historias e celebracións especiais. En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e xeito de vivir

🎄 ✨ En galego, temos un léxico propio que reflicte a nosa cultura e o noso xeito de vivir estas festas.

Neste artigo tes unha guía completa coas palabras máis importantes para que poidas usalas e gozar do Nadal na nosa lingua. 👇

aschavesdalingua.gal/o-nadal-en-g...

18.12.2025 15:45 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Felicitacións de Nadal en galego. Crea a túa postal personalizada • As chaves da lingua Formato postal

🎄✍️ Queres felicitar o Nadal en galego?

Este ano @aschavesdalingua.bsky.social creou unha aplicación para crear felicitacións de Nadal personalizadas na nosa lingua.

Entra xa na web e envía unha nadaliña personalizada a alguén que queiras moito este Nadal. ✨

aschavesdalingua.gal/felicitacion...

17.12.2025 13:00 👍 9 🔁 3 💬 0 📌 0
Post image

🔴 Felicitacións de Nadal en galego. Crea a túa postal personalizada. Pasos:

1. Escolles o teu deseño.
2. Engades os textos e os stickers que queiras.
3. Descárgaa ou envíaa por WhatsApp.

E listo. De balde. En galego. Bule! #Nadal

👉 aschavesdalingua.gal/felicitacion...

17.12.2025 08:26 👍 9 🔁 4 💬 0 📌 0
Preview
5 películas de Nadal en galego dispoñibles en Netflix • As chaves da lingua O Nadal tamén se pode ver en galego. En Netflix hai algúns filmes de temática natalicia que permiten escoller o galego como idioma, unha opción pouco coñecida

Sabías que hai pelis de Nadal en Netflix dispoñibles en galego? 🎄✨

Descúbreas neste artigo! 👇🏻

aschavesdalingua.gal/peliculas-de...

15.12.2025 08:12 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Calendario 2026: 365 días para vivir en galego • As chaves da lingua Descarga gratis o calendario d'As Chaves da Lingua para o ano 2026. Recíbeo por email. Sen spam, só contido útil cada mércores.

Queres un calendario con refráns e efemérides galegas? 📅

Se te subscribes á nosa newsletter levarás de balde o calendario 2026 coas datas clave da nosa cultura.

Subcríbete xa! 👇

aschavesdalingua.gal/nadal/

10.12.2025 12:58 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Descubre as 8 cancións en galego que soaron en Operación Triunfo • As chaves da lingua En máis de dúas décadas de historia, Operación Triunfo marcou varias xeracións. Desde a súa primeira edición, pasaron polo concurso centos de artistas e

Coñeces todas as cancións que soaron en @operaciontriunfo.bsky.social en galego? 💙🎤

A primeira foi en 2002 coa canción “A forza desta vida”, interpretada de forma coral como homenaxe ao pobo galego debido á catástrofe do Prestige.

Descúbreas todas aquí👇

aschavesdalingua.gal/descubre-as-...

26.11.2025 13:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
17 novas palabras no dicionario da RAG que debes coñecer • As chaves da lingua Neste artigo as novas palabras que entraron no dicionario da RAG durante o 2025. Son termos de ámbitos moi distintos: redes sociais, meteoroloxía, vida cotiá, gastronomía e cultura.

📝 A RAG acaba de incorporar palabras ao seu dicionario. Falamos de voces como auguista, dina, estragafestas, galeguística, gazano, longueiro, naipelo ou pacana.

Se queres saber que significan, tes dispoñible o novo artigo de @aschavesdalingua.bsky.social 👇🏼
aschavesdalingua.gal/novas-palabr...

19.11.2025 12:58 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
A orixe da palabra magosto • As chaves da lingua O magosto é unha das festas máis queridas do outono galego. Arredor do lume, con castañas asadas e viño novo, celébrase o encontro entre o mundo rural, a

Descubre a orixe da palabra magosto e as distintas teorías sobre o seu significado! 🍂🌰

aschavesdalingua.gal/a-orixe-da-p...

11.11.2025 13:30 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
54 palabras imprescindibles para falar de castañas e magostos en galego • As chaves da lingua Cando chega o tempo das castañas, en Galicia non só as comemos: falamos delas. E para falarmos ben, hai que coñecer o vocabulario auténtico do souto e do

Se vas ao magosto e non queres quedar calado/a mentres outros falan de bullós, mamelas, paparotes, rosendas ou touronas, tes que ler novo artigo de @aschavesdalingua.bsky.social 🤭🔥

aschavesdalingua.gal/palabras-imp...

05.11.2025 13:40 👍 3 🔁 2 💬 1 📌 1
Preview
Poemas en galego para despedir un ser querido • As chaves da lingua Hai momentos en que as palabras semellan pequenas diante da dor. A morte, coa súa presenza inevitable, tráenos o silencio, mais tamén a necesidade de dicir,

🕊 Cando as palabras non chegan, a poesía fala.

No novo artigo d'As chaves da lingua preséntae unha escolma poemas para acompañar o loito, versos que axudan a poñer nome ao que sentimos cando todo parece quedar sen voz.

aschavesdalingua.gal/poemas-para-...

@aschavesdalingua.bsky.social

22.10.2025 12:45 👍 7 🔁 2 💬 0 📌 0
Preview
Palabras galegas de orixe xermánica • As chaves da lingua A pegada xermánica deixou un conxunto de palabras relacionadas con obxectos, accións e conceptos do día a día. Aquí tes exemplos.

🗣 Sabías que o galego non vén só do latín?

É certo que a nosa lingua é filla directa do latín vulgar, pero tamén leva no seu ADN pegadas doutras culturas que pasaron por aquí.

💬 Un exemplo curioso? A influencia dos pobos xermánicos.

aschavesdalingua.gal/palabras-de-...

08.10.2025 12:35 👍 8 🔁 2 💬 1 📌 0
Preview
Palabras galegas de orixe xermánica • As chaves da lingua A pegada xermánica deixou un conxunto de palabras relacionadas con obxectos, accións e conceptos do día a día. Aquí tes exemplos.

🧐Sabías que o galego non vén só do latín? A nosa tamén leva pegadas doutros idiomas.

Neste artigo analizamos as palabras galegas de orixe xermánica. 🛡️👇
aschavesdalingua.gal/palabras-de-...

08.10.2025 12:22 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Orixe e significado dos nomes das cidades galegas • As chaves da lingua Por que Lugo se chama así? E de onde vén a palabra Compostela? Detrás de cada topónimo hai pegadas de pobos prerromanos, da presenza romana e mesmo de lendas

Por que Lugo se chama así? De onde vén a palabra Compostela? 🤔 Detrás de cada topónimo hai unha historia! 📖

Descubre de onde vén o nome das 7 cidades galegas no novo artigo de @aschavesdalingua.bsky.social

aschavesdalingua.gal/orixe-e-sign...

24.09.2025 11:48 👍 4 🔁 2 💬 1 📌 0
Preview
Nova páxina de xogos en galego: encrucillados, sopas de letras e enforcados • As chaves da lingua Aprender galego pode ser moito máis doado cando o facemos xogando. A plataforma Cursos.gal ofrece unha serie de xogos en galego pensados para reforzar

🕹️ Xa coñeces a nova web con xogos en galego?

En Cursos.gal atoparás sopas de letras, enforcados e encrucillados, todos eles en galego. 👇

aschavesdalingua.gal/xogos-en-gal...

10.09.2025 14:37 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Nova páxina de xogos en galego: encrucillados, sopas de letras e enforcados • As chaves da lingua Aprender galego pode ser moito máis doado cando o facemos xogando. A plataforma Cursos.gal ofrece unha serie de xogos en galego pensados para reforzar

👾 Nova páxina de xogos en galego: encrucillados, sopas de letras e enforcados. @aschavesdalingua.bsky.social

Aprender galego pode ser moito máis doado cando o facemos xogando.

Comenta cal che gustou e o teu record! ⚡️👇🏼

aschavesdalingua.gal/xogos-en-gal...

10.09.2025 12:18 👍 6 🔁 4 💬 0 📌 0