Carmen de Milmanda's Avatar

Carmen de Milmanda

@carmendemilmanda

(eu/son) proxecto poético. a medio camiño entre rosalía de castro e kurt cobain. meus poemas + miñas fotos e debuxos. afirmo: "a poem a day keeps the doctor away" poetry cinema photo drawing "Os mil e un días" (Xerais, 2023)

397
Followers
529
Following
994
Posts
01.10.2023
Joined
Posts Following

Latest posts by Carmen de Milmanda @carmendemilmanda

Post image

ás veces
vivimos enganados

cremos ver
o que non é
e non vemos,
en cambio,
o que acontece
ao noso lado

12.03.2026 00:44 👍 2 🔁 0 💬 3 📌 0
Post image

Un filme que nos fala da loucura dos (re)cordos e da cordura da tolemia.
Nos @numax.org

12.03.2026 00:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

non sabemos cal
nin cando será
a derradeira gota

por iso é
que as amamos
todas

11.03.2026 08:59 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Espectacular.
Que pezas!

11.03.2026 08:43 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Entrevistei a Bryce Echenique un par de veces para @farodevigo.es
Un escritor cun gran sentido do humor e da palabra.
DEP.

www.farodevigo.es/cultura/2026...

11.03.2026 08:24 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

volvémonos
invisíbeis
e ocupamos os trazos
que quedan en branco
entre as liñas

aló onde nos deixan
aqueles que de verdade son,
entre o desacougo de non ser
e o preludio das despedidas

10.03.2026 00:43 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 3
Post image

volvémonos
invisíbeis
e ocupamos os trazos
que quedan en branco
entre as liñas

aló onde nos deixan
aqueles que de verdade son,
entre o desacougo de non ser
e o preludio das despedidas

10.03.2026 00:42 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

non hai (case) nada
tan fermoso
coma a primavera

nada tan relevante
coma a vida
sempre eterna

09.03.2026 15:31 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

“vacaciones para siempre”?. imaxinas

Depresiòn sonora na Captitol.

08.03.2026 20:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

paseniño,
imos cultivando
o corazón das pedras
para traballat por un futuro
máis sentido

Feliz 8M a todas as persoas de boa vontade.

08.03.2026 11:47 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

a nosa orografía
é a mesma ca a da terra

amamos aa montañas
para asomármonos ao mundo,
pero é nos vales
onde sementamos aa eaperanzas
e onde enterramos as penas

(Aires Mateus en Serralves)

07.03.2026 09:38 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

aquí
todo o que tiñamos de vento
levouno o vento

pregúntome que acontecerá
cando a auga veña buscar
o que lle pertence

07.03.2026 00:39 👍 5 🔁 1 💬 0 📌 0
Post image

Bonnie and Clyde resucitan desenfrenados e co corpo feito de anacos de
cine e de refrescantes ideas.
Curiosa a coincidencia da estrea co 8M. Se o Joker fose feminista… ;)

07.03.2026 00:13 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

sempre miramos
cos nosos ollos
tapados

pola nosa vida
polas nosas circunstancias
polos nosos anos

sempre miramos
polos ollos atravesados
polos nosos danos

05.03.2026 07:42 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

velar
por que o barco
que aínda non naufragou
teña onde naufragar

03.03.2026 23:07 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

segue a ser luz
a luz que se apaga?

deixa de ser
ar o ar
se o deixamos de respirar?
deixa de existir
a montaña
por non mirala?

02.03.2026 09:48 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

todo o que sabemos
de xeometría
aprendémolo das formas
que nos contemplan cpn curiosidade
por facer
do estraño norma

01.03.2026 12:24 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Imprescindíbel.
Un luxo poder vela por fin. 💙
N’O Carballiño.

28.02.2026 21:14 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Non vos perdades esta marabilla de filme. 💙💙💙💙

28.02.2026 14:23 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

temos medo
á todo o imaxínabel
e ao inimaxinábel
tamén

28.02.2026 10:28 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

tanta era
a realidade
á nosa disposición
que nos mareabamos

unha curva
sucedía a outra curva
e unha costa a outra costa
e mesmo semellaban
infinitas
as rectas

26.02.2026 23:16 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

comprender
o corpo o da terra

confeccionado
coma nós
dos átomos das estrelas,
pero destinado
a poder contarnoa
en pasado

25.02.2026 22:38 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

dásenos
por suposto
podermos voar,
pero como esquecer
que as nosas ás
son só pintadas?

24.02.2026 21:16 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

non importa
cantos atardeceres vexan
as montañas

sempre haberá
algún máis
para admiralas

23.02.2026 16:54 👍 7 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

existen
todos os pasos,
mesmo os que nós
non andamos

existen
todos os camiños,
nesmo os que nós
non eliximos

23.02.2026 09:31 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

sempre dispostos
a competir coa natureza
e a ignorar que é ela
a que dispón
a escaleira

22.02.2026 20:17 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A auga, para quen a traballe

Prezadas xentes:
Dicía Bruce Lee que hai que ser auga. A estas alturas, imaxino que moitos estades un chisquiño cansos dela, pero, mesmo así, quero lanzar un eloxio ao líquido elemento que nos constitúe e sen o cal nin a vida, nin a paz, son posíbeis. 🩵

www.farodevigo.es/estela/opini...

22.02.2026 18:23 👍 6 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

tantas e tantes veces
reescribimos
a nosa historia
que esquecemos como empezaaba
e en que punto do camiño
comezamos a borrala

22.02.2026 06:39 👍 6 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

disimular
disfrazarnoa de nós outros
xogar a rir e xogar
porque mañá
será noso
e, se non,
volta a empezar

21.02.2026 22:18 👍 2 🔁 0 💬 1 📌 0
Post image

este amencer
este
volve ser o primeiro
do resto das nosas vidas

21.02.2026 07:11 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0