Miguel Vieito Villar's Avatar

Miguel Vieito Villar

@miguelvieito

Investigador en Dereito, transfeminista, gamer, nacionalista, avogado en exercicio, asocial, concelleiro e vivo no rural. Sen orde nin prelación neses elementos.

251
Followers
104
Following
784
Posts
14.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by Miguel Vieito Villar @miguelvieito

Non podo negar que suceda, pero acordemos que non podemos dicir tampouco que sexa a norma xeral.

Se hai quen non fai o seu traballo... tamén é responsabilidade da Administración detectalo e das Xefaturas de Servizo advertilo e, eventualmente, sancionalo.

10.03.2026 09:52 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Fabiola García destaca que os CIM móbiles son esenciais para reforzar a sensibilización e a información nas zonas rurais e campus universitarios | Igualdade en Galicia Forcarei (Pontevedra), 10 de febreiro do 2026 A conselleira de Política Social e Igualdade, Fabiola García, estivo esta mañá en Forcarei comprobando o funcionamento dun dos catro centros de informació...

Valoro calquera opinión ao respecto.
Se sodes profesionais do Dereito, un 0,5 máis.

Isto (o dos CIM móbiles) é legal?

A miña opinión é un rotundo e sobresáinte: NON.
E outro exemplo máis de que para o rural non hai nin esmolas.

igualdade.xunta.gal/gl/novas/fab...

09.03.2026 21:33 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0

Non creo que iso sexa unha realidade.

O persoal SERGAS é comprometido, vocacional e moi entregado ao choio. Agás excepcións, por suposto.

Ningún/ha profesional rendería adrede menos no seu traballo para facer peonadas.

Nin se gaña tanto nin llas deixan facer en número ilimitado tampouco.

09.03.2026 21:30 👍 0 🔁 0 💬 1 📌 0
Preview
La Justicia obliga a Ayuso a crear el registro de objetores del aborto El Ministerio de Sanidad ha tenido que llevar a la Comunidad de Madrid hasta los tribunales para que haga lo que marca la ley de salud sexual y reproductiva.

A ver se agora deixa de incumprir a Lei...

Por certo, agás erro ou omisión, Galiza non ten rexistro de obxectorxs tampouco.
Nin para IVE nin para eutanasia.

Por se nos esquece.

www.elsaltodiario.com/comunidad-ma...

09.03.2026 15:48 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
1.255 persoas, a mairoría civís, faleceron en Irán polas agresións de Estados Unidos e Israel O viceministro da Saúde iraniano, Ali Jafarian, alertou de que a maioría dos mortos eran civís.

🇮🇷 1.255 persoas, a mairoría civís, faleceron en Irán polas agresións de Estados Unidos e Israel

09.03.2026 13:44 👍 2 🔁 4 💬 0 📌 0

Por se non coñecíades o concepto "peonada":

-O SERGAS págalle (unha miseria, por certo) ao persoal por ir operar ou ir pasar consulta ás tardes coa finalidade de reducir lista de agarda.

No canto de contratar... parchean.

E como son voluntarias, se o persoal non as fai... o sistema colapsa.

09.03.2026 12:30 👍 6 🔁 2 💬 1 📌 0
Preview
Varapalo al juez que archivó la denuncia de una doctora argumentando que las médicas no pueden ser víctimas de violencia machista La Audiencia Provincial de Pontevedra ordena al juez instructor reabrir la causa y practicar una serie de diligencias de investigación, como la toma de declaración del hijo de la víctima, testigo d...

A nova é, ao meu ver, que un Xuíz de Violencia de Xénero de Vigo dixo, na Primeira Instancia, que unha muller médica non pode ser vítima de violencia; e que, despois de dicir iso, sigue no posto.

A vítima sufrira maltrato durante décadas, agresións físicas e sexuais... e este Xuíz segue no posto.

05.03.2026 10:48 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Pois... é.

05.03.2026 08:00 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
"Auténtica cocaína india": el surrealista cartel de un nuevo restaurante en Lugo El nombre del establecimiento, El Palacio del Especias, también contribuye a que se encadenen comentarios jocosos

Lugo being Lugo.

www.elprogreso.es/articulo/lug...

04.03.2026 15:15 👍 3 🔁 1 💬 0 📌 0

A democracia, supoño...

Para as Institucións que controlan o exercicio do poder público, non vaia ser que se escolla a alguén que teña criticado ao poder público nalgunha ocasión.

Non vaia ser.

03.03.2026 15:38 👍 6 🔁 1 💬 0 📌 0

Agrediu sexualmente a unha menor e non entrará en prisión.

03.03.2026 11:35 👍 3 🔁 2 💬 0 📌 2

Non sei... parece algo feble como para ter un efecto tan drástico.

Días despois do seu vídeo, véxoa na TVG falando galego, non pasou nada e supoño que non lle preocuparon tanto os haters cando tivo exposición nunha tele (cando lle interesou).

02.03.2026 09:33 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Non che sei, non xulgo que non coñezo á rapaza nin ao seu público; nin a súa vivencia... pero sóname a min mesmo: hoxe non fago exercicio que teño que traballar, hoxe tampouco que fai frío, hoxe menos que parece que me doe un nocello...

Igual son excusitas?

02.03.2026 09:27 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Só unha reflexión...

Deixa unha influencer de millóns de interaccións mensuais de falar galego porque recibe hate?

Non é o punto e non o normalizo, pero seguro que tamén recibe hate en publicacións sobre roupa e non por iso deixa de facelas, ou?

O do hate, en ocasións... É a excusa perfecta.

02.03.2026 07:49 👍 5 🔁 2 💬 2 📌 0

É unha moi boa pregunta... 😅

Catedrático de Dereito Constitucional da USC que leva a vida enteira intentando destacar e o máximo que conseguíu é saír na TVG a comentar as eleccións.

Agora vende o (pouco) prestixio que lle queda ao mellor postor e á causa.

01.03.2026 13:10 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Roberto Blanco Valdés defende [inserir o que faga falta para saír en calquera medio afín ao réxime].

01.03.2026 11:50 👍 5 🔁 0 💬 1 📌 0
Preview
Trabajo aprueba el protocolo de acompañamiento para personas trans en las empresas Se trata de una herramienta, contemplada dentro de las medidas planificadas por el Real Decreto para la Igualdad LGTBIQ+ en el ámbito empresarial, vigente desde 2024.

www.publico.es/politica/tra...

27.02.2026 10:44 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0

Nun pleno municipal o tema é Servizos Sociais, dependencia e discapacidade.

Turno da Alcaldía: Rufián.

Todo ben na política municipal.

26.02.2026 12:59 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
OPINIÓN: Aval definitivo ao “valor de referencia” - Lugo Xornal - Noticias de Lugo e contorna QUE É O VALOR DE REFERENCIA? Comecemos polo principio abordando brevemente que é isto do valor de referencia. O valor de referencia catastral, que entrara en vigor o 1 de xaneiro de 2022, veu a substi...

Por se for de interese.
(Nunca está de máis ler sobre o emocionante tema do Catastro).

Colaboración co Lugo Xornal.

lugoxornal.gal/opinion/7839...

26.02.2026 12:48 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Por suposto que si.

Podían mudarlle xa o nome á Consellería de Sanidade e meterlle un "privada" ao final.

E polo menos tiñamos algo de honestidade.

26.02.2026 10:44 👍 5 🔁 3 💬 0 📌 0
Preview
La Justicia andaluza rechaza el lenguaje inclusivo y concluye que el término "abogado" no invisibiliza a las mujeres abogadas Un grupo de 18 letradas demandaron al Colegio de Abogados de Sevilla y al Consejo Andaluz de Colegios de Abogados por mantener el genérico masculino en su denominación en vez de utilizar 'abogacía' co...

Custaba cero mudar do Colexio a "de la Abogacía", no canto de "de Abogados".

Cero.

Pois di "non" a primeira instancia, e di "non" o TSXA.

Podía ir o Dereito todo a tomar viento. Facíalle un favor a todo o mundo ¬¬

www.eldiario.es/sevilla/just...

25.02.2026 16:55 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Major Win for Non-Binary People in Austria - TGEU - Trans Europe and Central Asia TGEU warmly welcomes the decision of the Austrian Constitutional Court (E 1297/2025-11, 18 December 2025), which grants a non-binary applicant the right to have their gender marker removed from the ci...

Nova relevante destes días, neste caso en materia de recoñecemento dos dereitos das persoas non binarias en Austria.

tgeu.org/major-win-fo...

23.02.2026 17:19 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Moi boas novas deste día.

Que boa sensación.

(Que A Voz, El Correo e similares non mencionen a loita da cidadanía é... Algo a manter no recordo tamén).

20.02.2026 11:40 👍 10 🔁 2 💬 0 📌 0
Preview
Los octogenarios a los que la Casa de Alba intenta desalojar en Madrid: "Llevo 53 años aquí y soy la más joven" Una empresa contratada por la familia nobiliaria intenta vaciar seis bloques de viviendas con decenas de inquilinos en pleno centro de Madrid, algunos de ellos con contratos de renta antigua. De momen...

A Casa de Alba.

Esa que ten un patrimonio de preto de 3.500 millóns de euros (datos de "Vanitatis" en 2020), con máis títulos que o Rei de España e predios, castelos, pazos... por todo o Estado.

Esa Casa de Alba.

O problema serán xs inquilinxs.

www.eldiario.es/madrid/somos...

19.02.2026 14:01 👍 4 🔁 1 💬 0 📌 0

A...

Bueno.

17.02.2026 21:11 👍 4 🔁 0 💬 0 📌 0

"Unión da esquerda pero aquí, do xeito que propoño eu e liderando X persoa".

Unión da esquerda tamén é decidiren elxs non se presentaren en territorios como Galiza no que o principal partido da oposición é quen é e onde elxs non teñen nada (nin han ter).

Pero así non lles vale... Pois... vaia.

17.02.2026 10:20 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Abogados Cristianos recurre al Constitucional el aval del Supremo a la eutanasia de Noelia Piden que se suspenda la eutanasia hasta que el TC se pronuncie sobre el fondo del asunto

O indecente que me parecen este tipo de movementos e a rabia diante do feito de que ningunha entidade colexial sancione a estxs "compañeirxs"...

En fin.

www.eldebate.com/espana/catal...

17.02.2026 10:18 👍 3 🔁 0 💬 0 📌 0
Post image

Pides algo a unha sección dunha Administración Pública que traballa especialmente con datos. É, insisto, unha parte esencial do seu traballo. Están para iso.

Contestan.

A Lei Orgánica que mencionan leva derrogada dende o 7 de decembro de 2018.
Camiño de 8 anos.

Señor, lévame pronto...

16.02.2026 10:48 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0

Sen comentarios.

15.02.2026 14:36 👍 2 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Incitar al suicidio mandando más de 100 mensajes, un homicidio imprudente, pero sin dolo, según el Supremo A pesar de los muchos mensajes enviados, el hombre no consideró que el joven que los recibía hablara "en serio" de su suicidio.

Enviou máis de 100 mensaxes a un menor de idade amenazándoo, suxerindo que se suicidase e con contido sexual.

E o Supremo di que non hai dolo.

("Dolo" sería o coñecemento do mal na súa acción e/ou que a súa acción podía provocar o resultado. Facelo a mantenta).

13.02.2026 10:48 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0