Queremos traballo digno nunha terra viva.
Queremos modernización da nosa industria e do noso agro, dos nosos sectores primarios e do sector servizos.
Queremos innovación na nosa Terra sen explotación transnacional.
Non aceptamos renuncias.
10.03.2026 12:10
👍 3
🔁 1
💬 0
📌 0
Fronte ao modelo extractivista do Partido Popular, tampouco aceptamos a chantaxe de escoller entre industrialización e sostibilidade, entre postos de traballo e preservación do medio.
10.03.2026 12:09
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
En tempos nos que o traballo non garante o acceso a bens e dereitos básicos, aos gobernos progresistas e ás organizacións sindicais reclamámoslle firmeza na defensa das clases traballadoras.
10.03.2026 12:09
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
A defensa das condicións laborais é compoñente integral da defensa da democracia. A nosa solidariedade é internacionalista e mobilizámonos fronte á barbarie belicista que nos ameaza en calquera lugar do mundo.
10.03.2026 12:09
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
Erguémonos fronte ás inercias que nos ameazan. Vemos como noutras latitudes irmás, coma na Arxentina ou en Portugal, as condicións laborais son o primeiro obxectivo dos gobernantes reaccionarios que lle poñen faciana ao carácter depredador do Capital.
10.03.2026 12:08
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
… o sacrificio da nosa terra preséntasenos, acotío, como peaxe para a xeración de emprego; as horas extras non pagadas son a tributación que non lle molesta á Patronal.
10.03.2026 12:08
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
A diversidade da clase traballadora, atravesada hoxe polas achegas feministas e ecoloxistas, é un muro de contención fronte ao avance do fascismo internacional. A precariedade segue a ter, maiormente, cara de muller…
10.03.2026 12:08
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
Organizadas, estamos nas loitas que polo país adiante defenden non só as condicións laborais nos centros de traballo e fronte ás precarizacións, senón o noso medio, os nosos servizos e o noso futuro.
10.03.2026 12:07
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
Resiste fronte a precariedades novas (dixitais, emocionais, etc.) e atende a necesidades distintas, por iso as mobilizacións en sectores tan dispares como o sector dos coidados e o SAF, do comercio téxtil, do transporte de viaxeiros/as, dos medios de comunicación…
10.03.2026 12:07
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
… e cómpre militar na súa defensa cada día.
A Clase Obreira Galega do século XXI é diversa e compóñena persoas de distintas orixes e procedencias, o que contribúe á construción dunha identidade rica e ampla.
10.03.2026 12:07
👍 3
🔁 1
💬 1
📌 0
Como cada Dez de Marzo, na memoria de Amador e Daniel, conmemoramos o Día da Clase Obreira Galega. Se ben o mundo do traballo mudou moito dende aquel 1972, o que sabemos a través das loitas que impulsaron a democracia é que os dereitos conquistados non son irreversibles…
10.03.2026 12:06
👍 11
🔁 6
💬 1
📌 0
💜✊🏿
08.03.2026 09:41
👍 1
🔁 1
💬 0
📌 0
A vivir sen a ameaza das bombas, da fame, do do xenocidio, da ira imperialista. Esiximos o noso dereito a vivir. Porque somos, hoxe e cada día do ano, a metade da poboación.
#8Marzo #8Marzo2026
08.03.2026 08:56
👍 3
🔁 1
💬 0
📌 0
A vivir baixo un teito, seguro, adsequible e adaptado ás nosas necesidades. A vivir sendo muller, sen que ninguén cuestione ese sentir. A vivir a nosa sexualidade libremente. A vivir onde queiramos, independentemente do noso lugar de procedencia.
08.03.2026 08:55
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
Reclamamos, este 8M e cada día, o dereito a vivir. Así de sinxelo e así de inalcanzable. A vivir sen que nos maten, sen que nos agredan e sen que nos ameacen. A vivir do noso traballo en condicións dignas, con igualdade salarial e de dereitos.
08.03.2026 08:55
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
Eses que, en ausencia de recursos públicos reequilibradores e dunha educación que aposte pola cooperación e a solidariedade, recaen nas mulleres, precarizando aínda máis situacións de profunda desigualdade.
08.03.2026 08:55
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
… ou declaradamente contrarios aos dereitos de todas as mulleres. As de nacemento e todas as demais.
Demandamos, de xeito firme e transversal, a posta en común dos tan manidos coidados.
08.03.2026 08:54
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
Non podemos nin debemos consentir que, superado o primeiro cuarto do século XXI, continuemos escoitando, xa non só dende latitudes políticas e económicas lonxanas aos nosos posicionamentos, senón dende outros espazos de representación da esquerda, discursos excluíntes…
08.03.2026 08:53
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
Traballamos na procura de posicionamentos feministas incluíntes, firmes na defensa da igualdade real e sen ambaxes, que analicen, critiquen e corrixan as súas dinámicas moitas veces atravesadas polo privilexio racial, económico e de representación.
08.03.2026 08:53
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
Denunciamos a estreitura de miras dos espazos políticos, sociais, laborais, sindicais e culturais, masculinizados e refractarios, cada vez máis afastados dos compromisos pola igualdade efectiva e real.
08.03.2026 08:52
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
Dende o altofalante que nos ofrece ser parte dun partido de esquerdas de firme convicción feminista, denunciamos a continua degradación da loita antimachista, motivada e alentada pola deriva internacional cada vez máis conservadora, capitalista e restrictiva nos dereitos sociais.
08.03.2026 08:52
👍 4
🔁 1
💬 1
📌 0
O 50% da poboación mundial esiximos, este 8 de marzo e cada día do ano, a fin da violencia contra nós, as mulleres👇🏽
08.03.2026 08:51
👍 8
🔁 8
💬 1
📌 1
Accidente
Comentaba a semana anterior a deriva sádica do sempre mesiánico e asasino imperialismo ianqui, cunha obscena e atribulada dirixencia política deslizándos...
Hoxe en Nós Diario a entolecida carreira de USA/Israel, dereitas radicais, gobernos europeos de distinto signo maila UE/OTAN pola “salvación de Occidente” en realidade é un memorable Accidente. De Ucraína a Venezuela, Palestina, Sahel, Irán…
“Accidente” www.nosdiario.gal/opinion/mill...
06.03.2026 09:31
👍 7
🔁 7
💬 0
📌 0
Israel y EEUU atacan Irán. Israel llama a sus bombardeos “ataque preventivo” y varios medios europeos lo usan como definición en sus titulares.
No hay nada preventivo en bombardear un país que no se disponía a atacar. Estamos ante lo que en derecho internacional se llama crimen de agresión.
28.02.2026 07:32
👍 529
🔁 379
💬 12
📌 13