Mañá, 25N, enchemos as rúas de Galicia.
Contra os feminicidios, contra a desprotección, contra a reacción machista que avanza.
Busca a convocatoria da túa localidade e sae á rúa con nós.
Este 25N non calamos.
Estamos fartas de que nos neguen.
Este 25N saímos á rúa.
Máis de 70 feminicidios en España, 6 en Galicia.
Pulseiras que fallan. Proteccións que non chegan. Dereitos que recortan.
A reacción machista medra.
Contra as violencias machistas, organizámonos.
Ante a proposta de crear a Empresa Municipal de Vivenda de Ferrol, o Comité Comarcal de #Ferrolterra do Partido Comunista de Galicia reta ó PSdeG a que presenten e aproben a creación de Empresas Municipais de Vivenda nos concellos da comarca onde xa gobernan
Máis info:
pcgalicia.org/retamos-ao-p...
🏠 A vivenda non é un negocio.
É un dereito que o capital converteu en mercadoría.
Expropiación de grandes propietarios e vivenda pública xa!
Esta non é unha “oportunidade de investimento”, é unha invasión especulativa avalada por gobernos cómplices.
O solo e a vivenda deben planificarse colectivamente, non deixarse ao mercado.
Mentres, en 2024 só se construíron 5 vivendas protexidas en toda Galicia.
Cinco.
A resposta institucional? Ningunha.
O 85% das vivendas en alugueiro en Galicia pertencen a persoas físicas,
pero cada vez máis fondos, non residentes e empresas compran inmobles para especular.
O capital global actúa igual aquí que en Lisboa, Barcelona ou Berlín:
transforma o dereito a un fogar en valor de cambio, multiplicando beneficios a costa da clase traballadora.
📉 Mentres tanto, os salarios galegos son dos máis baixos do Estado.
O salario mediano apenas supera os 1.300 €.
E o alugueiro en Vigo ou A Coruña roza os 700 €.
No primeiro semestre de 2025 mercáronse 1.072 vivendas por estranxeiros en Galicia.
O 39% por non residentes: para vacacións, especulación ou alugueiro turístico.
Non para vivir nelas.
É investimento inmobiliario: comprar barato, vender caro, chuchar os cartos á clase obreira; nativa e estranxeira.
📈 A compra de vivendas por estranxeiros en Galicia duplicouse dende 2019.
Un 14% máis só no último ano.
E mentres tanto, a clase traballadora sofre a crise habitacional. 🧵👇
🕓 Galicia é das comunidades onde máis se traballa… e máis gratis.
É plusvalía en bruto: tempo de vida roubado á clase traballadora.
O capital acumula, a obreira esgota.
⏰ O noso tempo non é mercadoría.
As horas extra páganse!
https://f.mtr.cool/xchlgjbqjp
🇵🇸 Máis de 40 sancións e ata 200.000 € en multas pola protesta da Vuelta en Galicia.
Por denunciar o xenocidio en Gaza.
Por solidariedade.
O Estado castiga o internacionalismo, non a violencia.
✊ A solidariedade non se multa.
Palestina libre.
https://f.mtr.cool/aatsulassl
Concentración hoxe en #Ferrol as portas dos asteleiros de #Navantia.
🇵🇸 15 de outubro: paros e folga polos dereitos do pobo palestino.
🇵🇸 15 de outubro: paro e mobilización por Palestina
Mañá o traballo párase e as rúas énchense de solidariedade.
A paz non existe mentres continúe a ocupación.
✊ Participa nas mobilizacións e convocatorias.
A solidariedade é internacionalista.
Palestina libre!
🙋♀️ Llamamos a la movilización de la clase obrera para el éxito de la jornada de huelga y lucha del #15O por Palestina.
Aunque haya un alto al fuego, hay que mantener la movilización para garantizar el fin del genocidio, el apartheid y la ocupación. 🇵🇸✌️
📄 pce.es/llamamos-a-o...
O curso 25-26 será de loita e organización:
🏠 Vivenda
💶 Salarios
🌱 Ecoloxía
♀️ Feminismo
🌍 Internacionalismo
🔴 Só así construiremos un país ao servizo da clase traballadora galega.
“Trátase de visibilizar que os nosos dereitos laborais e a loita contra o xenocidio están conectados.
A solidariedade debe continuar ata rematar coa ocupación israelí.” – Jorge Crego
O PCG insta á militancia a:
✅ Apoiar os paros e folgas
✅ Promover declaracións nos comités de empresa
✅ Denunciar vínculos das empresas co capital israelí en liña co movemento BDS
Jorge Crego, Secretario Nacional do PCG:
“O 15 de outubro temos unha oportunidade histórica de demostrar que a solidariedade co pobo palestino tamén se expresa nos centros de traballo galegos.”
A primeira gran cita do curso é o 15 de outubro: xornada de loita por Palestina convocada polo sindicalismo galego e estatal.
✊ Chamamos á participación activa da clase traballadora galega.
🔴 O PCG abre o curso político cun Comité Nacional no que aprobamos o Informe Político e o Plan de Traballo 2025-2026.
👉 Prioridades: vivenda, salarios, ecoloxía e feminismo.
O alcalde Rey Varela quere que ó pobo pague a débeda de 8 millóns de € (máis de 1.300 millóns de pesetas) xerada pola nefasta xestión da empresa mixta #EMAFESA. É o roubo neoliberal: privatización de beneficios, socialización das perdas. Máis aló da auga: o PCG está por un #Ferrol 100% público
A etapa da Volta non chegou a Mos.
A presión popular contra a participación do equipo Israel-Premier Tech logrou paralizar a carreira.
Desde o PCG, felicitamos ás persoas mobilizadas. Galicia non é cómplice do xenocidio.
🇵🇸 Palestina libre.
“Lumes nunca máis” significa:
✊ Servizo público único e permanente.
🌱 Política forestal baseada na prevención.
📢 Medios públicos con transparencia.
Mentres, a Xunta oculta datos: en agosto houbo 492 incendios rexistrados, pero só informou de 45. A manipulación informativa é tamén parte da emerxencia.
Brigadas con contratos precarios e sen recoñecemento como bombeiros forestais. Sen pluses de perigosidade, sen dereitos básicos. Precariedade contra o lume.