📩 Inscrición obrigatoria con correo electrónico institucional: goo.su/QEAOLQ
@buscusc
A BUSC é, pola riqueza dos seus fondos bibliográficos, unha das máis importantes bibliotecas universitarias españolas. Síguenos tamén en en @buschorarios.bsky.social e en instagram: @busc_usc
📩 Inscrición obrigatoria con correo electrónico institucional: goo.su/QEAOLQ
📊 Sabes como avaliar o impacto da investigación dunha institución ou dun autor? Aprende a utilizar InCites Benchmarking & Analytics (InCites), unha ferramenta bibliométrica baseada nos datos de Web of Science que permite analizar e comparar o rendemento da investigación. Mañá día 11, de 12h a 13h.
Hispana celebra o mes da muller cunha exposición virtual na que recopila traballos das institucións participantes. Nela conta coa mostra que organizou a BUSC en marzo do ano pasado: "8 mulleres galegas que moveron os marcos". Preme na ligazón e selecciona o que máis che interese goo.su/J32b
Estudas algunha das disciplinas de Ciencias da Saúde❓Entón interésache coñecer como funciona a Biblioteca Cochrane. Mañá de 16:00h a 17:00h Wiley oferta un seminario web gratuíto. Inscríbete: register.gotowebinar.com/register/416...
👉Podedes reservar os libros dos centros de interese do 8M indo directamente á colección creada a tal efecto no catálogo Iacobus: iacobus.usc.gal/discovery/co...
📘 Biblioteca de Formación do Profesorado: "Os traballos e os días: escolma bibliográfica no Día da Muller Traballadora". Do 3 ao 16 de marzo.
📑 Biblioteca de Ciencias da Comunicación: Centro de interese "Cartografías en feminino: novas autoras nos nosos andeis". Do 6 ao 13 de marzo.
📚 Biblioteca Concepción Arenal: mostra sobre a arte dende unha perspectiva feminista "Arte como acto político". Do 5 ao 13 de marzo.
📷 Biblioteca de Ciencias Económicas e Empresariais: Exposición "8 empresarias galegas que romperon os teitos de cristal". Ata o 13 de marzo.
Velaquí tes máis actividades da BUSC polo vindeiro Día da Muller❗
📖Biblioteca Xeral: Centro de interese do 8M, escolma de autoras xa consideradas clásicas como Kate Millet xunto con novas escritoras que abordan a defensa dos dereitos das mulleres desde a perspectiva da raza e clase. Ata o día 27.
Biblioteca de fantasía, ancestral e debilmente iluminada por candeas.
🧙♂️ Na BUSC diriximos aventuras: Guiamos búsquedas imposibles, custodiamos coñecemento antigo e axudamos a cada persoa a atopar o seu propio tesouro!🧚
📜 Porque toda gran historia necesita quen a narre, onde vós sodes protagonistas... Feliz día do Game Master! 🐲
#GameMaster #Rol #USC #Bibliotecas
📚Achégase o 8M e nos dous puntos de servizo da Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación elaboraron un centro de interese de temática feminista con lecturas recomendadadas dos seus fondos. A mostra bibliográfica permanecerá exposta ata o día 15 deste mes.
Xa temos os resultados da primeira semana da Olimpíada Solidaria🎉😀
📅 Lembra que tes ata o 3 de abril para participar.
👉 A charla terá lugar de 17:00 a 18:00h na sala de lectura.
Coñeces o libro "As tolas que non o eran: mulleres no manicomio de Conxo, 1885-1936"❓ Mañá a súa autora Carmen V. Valiña participará nun encontro na Biblioteca de Psicoloxía e Ciencias da Educación en torno á saúde mental e ao control social das mulleres que desafiaron as normas de xénero.
👉A mostra reúne unha selección de obras pertencentes aos fondos da biblioteca, con especial atención ás publicacións de politólogas da nosa Universidade, así como de destacadas autoras do ámbito galego, español e internacional.
📅 Durante todo este mes tamén podes visitar a mostra bibliográfica "Mes das politólogas" na Biblioteca Concepción Arenal, unha exposición feita en colaboración coa Facultade de Ciencias Políticas e Sociais que visibiliza as achegas das mulleres ao desenvolvemento da Ciencia Política.
☝️ Esta semana podes achegarte á Biblioteca de Filoloxía para ollar o centro de interese baseado no libro "Condenados a escribir. Escritores entre rejas" de Daría Galatea. Nel preséntanse as obras que a biblioteca alberga de escritores que pisaron o cárcere nalgún momento das súas vidas.
👉 Da innovación á práctica: evolución e impacto do Plan Docencia en Rede na UPV
- 6 de marzo. De 11:00 a 12:00 horas. A presentación amosará o Plan Docencia en Rede. us06web.zoom.us/meeting/regi...
👉 Identificación, análise, deseño e depósito de prácticas educativas abertas
- 6 de marzo. De 10:00 a 11:00 horas. us06web.zoom.us/meeting/regi...
👉 Da autoría á publicación: como crear e compartir contidos con eXeLearning
- 4 de marzo. De 10:00 a 12:00 horas. Introdución práctica á ferramenta eXeLearning para a creación de recursos educativos abertos. us06web.zoom.us/meeting/regi...
😮Sabías que do 2 ao 6 de marzo celébrase a Semana da Educación Aberta (OEWeek)❓ REBIUN, a iniciativa do Grupo de Traballo de Repositorios, únese a esta conmemoración coa organización dalgunhas actividades ás que se pode asistir de forma online e gratuíta. Toma nota 📝
🧅🐟🥧Ata o 23 de marzo, na Biblioteca Intercentros de Lugo está dispoñible un centro de interese adicado á antropoloxía da alimentación, unha proposta que convida a descubrir a relación profunda entre cultura, identidade e alimentos a través dunha coidada selección de fondos.
Esta actividade está organizada na USC pola Fundación Coopera e a Vicerreitoría de Estudantes e Cultura a través do Servizo de Participación e Inclusión Universitaria.
👉Na última edición participaron 1.693 estudantes e recadáronse 5.780 €/horas, o que nos converteu na terceira Universidade de todo o Estado en diñeiro recadado, só por detrás de Zaragoza e Granada.
🌍Arrinca a Olimpíada Solidaria de Estudo❗ Desde hoxe ata o 3 de abril participa na 22ª edición desta iniciativa, coa que trocas as horas de estudo na biblioteca por euros que serán investidos en apoiar 2 proxectos en Angola e Senegal. olimpiadasolidaria.org
🐉 Camelot, dragóns e a presenza de drogas nas agresións sexuais entre o estudantado centran a Nerd Nite de febreiro.
Tan só falta unha semana!
🗞️ www.usc.gal/gl/xornal/no...
👣 Pasaron 1201 anos da inventio do Apóstolo Santiago e aínda estás a tempo de participar na IX convocatoria de Axudas á Investigación da Cátedra do Camiño e das Peregrinacións!
Ata o 12 de marzo!🗓
Bótalle un ollo ao TFG gañador da VI edición, de María Rodríguez Senra:
hdl.handle.net/10347/33763
27.02.2026 | 15.00h-16.00h: Como identificar o impacto da produción científica dun autor con Scopus elsevier.zoom.us/webinar/regi...
🚨 Lembra inscribirte co correo institucional. Os certificados de participación serán xestionados pola Fecyt e enviados ata un mes despois da última sesión.
24.02.2026 | 15.00h-16.00h: Perfil de autor e organizacións en Scopus elsevier.zoom.us/webinar/regi...
25.02.2026 | 15.00h-16.00h: Como identificar as revistas máis importantes en Scopus elsevier.zoom.us/webinar/regi...
26.02.2026 | 15.00h-16.00h: Scopus para autores elsevier.zoom.us/webinar/regi...
📢 Alguén quere ser experto ou experta en Scopus❓ A vindeira semana a FECYT, xunto con Elsevier, oferta cinco seminarios en liña gratuítos e en español para afondar no uso da base de datos. Toma nota❗:
23.02.2026 | 15.00h-16.00h: Busca de documentos en Scopus
elsevier.zoom.us/webinar/regi...