Código Cero's Avatar

Código Cero

@codigocero.com

Revista de novas tecnolóxicas de Galicia https://codigocero.com

327
Followers
106
Following
4,925
Posts
15.11.2024
Joined
Posts Following

Latest posts by Código Cero @codigocero.com

Preview
A administración Trump adía a devolución dos arenceis cobrados ilegalmente por limitacións nos seus sistemas informáticos A Oficina de Aduanas e Protección Fronteiriza dos Estados Unidos (CBP) asegurou que actualmente non pode tramitar as devolucións derivadas dos aranceis impostos polo presidente Donald Trump debido a limitacións técnicas nos seus sistemas informáticos. Segundo indicou o director executivo da axencia, Brandon Lord, o sistema dixital de procesamento de importacións «non está ben adaptado para unha tarefa desta escala».

A administración Trump adía a devolución dos arenceis cobrados ilegalmente por limitacións nos seus sistemas informáticos

07.03.2026 01:24 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A Academia Galega entrega os galardóns especiais dos XXIV Premios Mestre Mateo Hoxe tivo lugar no Museo Interactivo da Historia de Lugo a xuntanza de finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo. No acto estiveron presentes Lucía Veiga e Carmen Méndez, presidenta e vicepresidenta da Academia Galega do Audiovisual; Iria Castro, deputada de Cultura, Patrimonio e Normalización Lingüística da Deputación de Lugo; Maite Ferreiro, concelleira de Cultura de Lugo; o director de AGADIC, Jacobo Sutil, o delegado territorial da Xunta de Galicia en Lugo, Javier Arias e as finalistas dos XXIV Premios Mestre Mateo.

A Academia Galega entrega os galardóns especiais dos XXIV Premios Mestre Mateo

06.03.2026 21:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Enxeñaría Informática súmase ao 8M visibilizando o traballo das tecnólogas Co obxectivo de debater sobre a desigualdade entre homes e mulleres no eido TIC (as mozas representan o 15% do alumnado da Enxeñaría en Informática) e contribuír a contrarrestala, a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense acolleu este venres 6 de marzo a celebración dun encontro destinado a visibilizar o talento feminino no sector tecnolóxico e a compartir experiencias reais da industria e a academia. Desenvolveuse no marco do 8M, Día Internacional da Muller.

Enxeñaría Informática súmase ao 8M visibilizando o traballo das tecnólogas

06.03.2026 17:02 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A Deputación de Pontevedra avanza na redacción do 1º Plan Estratéxico de Transformación Dixital da provincia A Deputación de Pontevedra activa o procedemento para redactar o primeiro Plan Estratéxico de Transformación Dixital da provincia, dotado con preto de 180.000 € para definir a folla de ruta tecnolóxica ata o 2030.

A Deputación de Pontevedra avanza na redacción do 1º Plan Estratéxico de Transformación Dixital da provincia

06.03.2026 16:13 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O Consello da Cultura Galega conmemora o 8M con novos contidos en liña O Consello da Cultura Galega (CCG) anunciou novos contidos en liña e audiovisuais con motivo deste 8 de marzo, Día Internacional da Muller.

O Consello da Cultura Galega conmemora o 8M con novos contidos en liña

06.03.2026 15:34 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Novo espazo web sobre a prevención de riscos laborais asociados aos nanomateriais A Xunta presentou o primeiro espazo web autonómico de España centrado na prevención de riscos laborais asociados ao uso de nanomateriais, iniciativa dada a coñecer polo secretario xeral de Emprego e Relacións Laborais, Pablo Fernández, durante unha xornada na que tamén participou a xerente do Instituto de Seguridade e Saúde Laboral de Galicia (Issga), Adela Quinzá-Torroja.

Novo espazo web sobre a prevención de riscos laborais asociados aos nanomateriais

06.03.2026 15:15 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Pedro Blanco fai un chamamento aos concellos para que aproveiten as axudas estatais de transformación dixital O delegado do Goberno en Galicia, Pedro Blanco, animou ás entidades locais galegas a participar na nova convocatoria de axudas do programa RedCyTI, impulsado por Red.es do Ministerio de Transformación Dixital e da Función Pública e dotado con 89 millóns de euros, para promover proxectos de transformación dixital e desenvolvemento económico en cidades e territorios.

Pedro Blanco fai un chamamento aos concellos para que aproveiten as axudas estatais de transformación dixital

06.03.2026 13:38 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Un rexistro en Galicia dentro da operación internacional contra o foro de datos roubados LeakBase A Garda Civil e a Policía Nacional participaron nunha operación internacional coordinada por Europol contra o foro de compravenda de datos roubados LeakBase, unha das principais plataformas clandestinas dedicadas ao comercio de información persoal obtida a partir de filtracións masivas e infeccións con malware. A actuación desenvolveuse en 14 países e culminou coa desarticulación da actividade do foro e medidas contra algúns dos seus usuarios máis activos.

Un rexistro en Galicia dentro da operación internacional contra o foro de datos roubados LeakBase

06.03.2026 12:40 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A galega Tarlogic lanza unha ferramenta gratuíta para detectar vulnerabilidades en dispositivos Bluetooth O equipo de Innovación da empresa galega Tarlogic presentou na RootedCON un software gratuíto que permite auditar os dispositivos Bluetooth que usan cidadáns e empresas para comprobar que non teñen vulnerabilidades. Os investigadores da compañía descubriron que entre o 10 e o 30% dos dispositivos teñen enderezos MAC fixos, o que, sinalan, “abre a porta para rastrexar persoas, lanzar ataques dirixidos ou poñer en marcha ataques masivos se se descobren vulnerabilidades nos dispositivos”.

A galega Tarlogic lanza unha ferramenta gratuíta para detectar vulnerabilidades en dispositivos Bluetooth

06.03.2026 12:21 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A Politécnica de Ferrol organiza a súa V Olimpíada Robótica o 17 de abril A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol (EPEF), organiza a súa V Olimpíada Robótica o vindeiro 17 de abril. Farao en colaboración co Campus Industrial da Universidade da Coruña (UDC), no Pavillón Municipal de Esteiro. Trátase dun campionato dirixido ao alumnado da ESO de toda Galicia.

A Politécnica de Ferrol organiza a súa V Olimpíada Robótica o 17 de abril

06.03.2026 11:33 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
WordPress Coruña organiza unha mesa redonda sobre a presenza das mulleres no sector tecnolóxico WordPress Coruña e o Grupo de Programadores e Usuarios de Linux (GPUL), en colaboración coa Universidade da Coruña, organizan o vindeiro 12 de marzo na cidade herculina unha mesa redonda dedicada a analizar o papel das mulleres no ámbito tecnolóxico. A iniciativa enmárcase nas actividades arredor do Día Internacional da Muller e levará por título Error 404: mulleres en tech — fallo do sistema.

WordPress Coruña organiza unha mesa redonda sobre a presenza das mulleres no sector tecnolóxico

06.03.2026 10:06 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O novo regulamento europeo en comunicación ao cliente, ao detalle nun seminario en liña do Clúster TIC O Clúster TIC Galicia, en colaboración co hub DATAlife, organiza o vindeiro xoves, 12 de marzo ás 15:30 h, o seminario en liña A nova regulación en comunicación e atención ao cliente: adaptación e oportunidades para o sector TIC galego, cuxa inscrición xa está aberta na Rede.

O novo regulamento europeo en comunicación ao cliente, ao detalle nun seminario en liña do Clúster TIC

06.03.2026 09:47 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Novos móbiles de gama media de Nothing Nothing amplía a súa gama media cunha nova xeración de smartphones, os Phone (4a) e Phone (4a) Pro, dous dispositivos que incorporan características propias de modelos de gama alta mantendo prezos contidos. A compañía de Carl Pei aposta por renovar o deseño, mellorar as pantallas e reforzar o apartado fotográfico, ao tempo que introduce novas funcións baseadas en intelixencia artificial dentro do sistema operativo Nothing OS 4.1.

Novos móbiles de gama media de Nothing

06.03.2026 01:53 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Román Rodríguez visita o fabricante do novo ordenador cuántico do CESGA O conselleiro de Educación, Ciencia, Universidades e Formación Profesional, Román Rodríguez, visitou este xoves en Helsinki a empresa IQM Quantum Computers, unha das compañías de referencia mundial no desenvolvemento de procesadores cuánticos e responsable da fabricación do novo ordenador cuántico destinado ao CESGA (Centro de Supercomputación de Galicia). A visita forma parte dunha viaxe institucional orientada a impulsar novas colaboracións internacionais no ámbito das tecnoloxías profundas, consideradas estratéxicas no Plan galego de investigación e innovación 2025-2027.

Román Rodríguez visita o fabricante do novo ordenador cuántico do CESGA

05.03.2026 23:48 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O Pavillón de España no MWC Barcelona 2026 supera os 16.000 visitantes O Pavillón de España no MWC Barcelona 2026 pechou a súa participación cun balance moi positivo, tras recibir máis de 16.000 visitantes ao longo das catro xornadas do congreso celebrado entre o 2 e o 5 de marzo no recinto de Fira Barcelona Gran Vía. A cifra supón un incremento do 23% respecto á edición anterior e consolida este espazo como un punto de referencia para coñecer o potencial tecnolóxico do ecosistema español nun dos encontros internacionais máis relevantes da industria da conectividade.

O Pavillón de España no MWC Barcelona 2026 supera os 16.000 visitantes

05.03.2026 23:38 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A USC acolle o 13 de marzo o II Encontro Luso-Galego de PLN O vindeiro 13 de marzo de 2026 a Universidade de Santiago de Compostela acollerá o II Encontro Luso-Galego de Procesamento da Linguaxe Natural (PLN), impulsado polo Proxecto Nós (impulsado pola Secretaría Xeral de Lingua e materializado pola USC) no marco da iniciativa ALIA do Goberno de España.

A USC acolle o 13 de marzo o II Encontro Luso-Galego de PLN

05.03.2026 20:24 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O Clúster TIC lanza unha nova edición de Tech Angels para impulsar startups e ideas innovadoras O Clúster TIC Galicia vén de poñer en marcha, en colaboración co IGAPE (Consellería de Economía), a segunda edición do programa Tech Angels, unha iniciativa dirixida a novas firmas innovadoras (startups) e persoas emprendedoras de calquera sector que buscan incorporar solucións tecnolóxicas avanzadas como elemento clave para acelerar o seu crecemento, optimizar os seus modelos de negocio e mellorar a súa competitividade.

O Clúster TIC lanza unha nova edición de Tech Angels para impulsar startups e ideas innovadoras

05.03.2026 15:44 👍 1 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A AESIA alíase co Instituto das Mulleres para combater a violencia dixital A Axencia Española de Supervisión da Intelixencia Artificial (AESIA), con sede na Coruña e dependente do Ministerio para a Transformación Dixital e da Función Pública, e o Instituto das Mulleres, do Ministerio de Igualdade, puxeron en marcha unha colaboración para combater a violencia dixital e corrixir rumbos de xénero nos sistemas de IA.

A AESIA alíase co Instituto das Mulleres para combater a violencia dixital

05.03.2026 15:15 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O Carballo Interplay avanza a súa programación do podcast Pop y Muerte, con Kiko Amat e Benja Villegas O Carballo Interplay, festival de contidos dixitais da capital bergantiñá, avanzou a programación da súa 13ª edición, que se celebrará do 16 ao 19 de abril de 2026, co anuncio dun dos podcasts que poderá escoitarse en directo durante o festival: Pop y Muerte, conducido por Kiko Amat e Benja Villegas. Será a primeira vez que o dúo pasa por Galicia cun dos programas máis queridos do panorama de podcast estatal, informou a organización do festival (o Concello e Cósmica), engadindo que a actividade terá lugar o sábado 18 de abril ás 22.30 horas no Mercado de Carballo.

O Carballo Interplay avanza a súa programación do podcast Pop y Muerte, con Kiko Amat e Benja Villegas

05.03.2026 14:07 👍 1 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
Google prepara unha importante rebaixa de comisións na súa tenda de aplicacións para Android Google anunciou unha mudanza relevante no funcionamento da súa tenda de aplicacións para Android que supón, na práctica, o final do histórico modelo de comisións do 30 %. A compañía decidiu aplicar xa parte das medidas pactadas con Epic Games nun acordo aínda pendente de validación xudicial nos Estados Unidos, iniciando unha reforma progresiva do sistema de taxas e abrindo a porta a novas tendas de aplicacións de terceiros no ecosistema Android.

Google prepara unha importante rebaixa de comisións na súa tenda de aplicacións para Android

05.03.2026 13:58 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O alumnado de Ames clama pola xustiza social en formato podcast O alumnado de 3º da ESO do IES Milladoiro de Ames traballa como un equipo de xornalismo radiofónico e grava estes días un ciclo de podcast para loitar contra o machismo, o discurso de odio contra o colectivo LGBTIQ+, a xenofobia e os abusos ambientais no marco do proxecto web Activistas polo mundo queremos.

O alumnado de Ames clama pola xustiza social en formato podcast

05.03.2026 13:49 👍 0 🔁 1 💬 0 📌 0
Preview
As 30 empresas participantes en Galicia Avanza xa teñen presenza en 25 países O programa de aceleración para a internacionalización de pemes galegas Galicia Avanza, impulsado polo IGAPE a Tecnópole, celebrou este xoves 5 de marzo, na compaña das empresas participantes da súa cuarta edición, un gran evento de internacionalización, innovación e celebración empresarial. Participaron, en concreto, as 30 pemes innovadoras que ao longo dos últimos dez meses participaron na cuarta edición desta iniciativa, dando a coñecer os logros conseguidos no marco da mesma.

As 30 empresas participantes en Galicia Avanza xa teñen presenza en 25 países

05.03.2026 12:21 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Bungie estrea o seu novo xogo como servizo: Marathon Marathon chega hoxe ao mercado para PC e consolas cunha proposta que Bungie pretende converter nun shooter de supervivencia e evacuación en evolución constante. O estudio responsable de Halo e Destiny abre así unha nova etapa cun título multixogador ambientado na colonia perdida de Tau Ceti IV, onde os xogadores asumirán o papel de corredores biocibernéticos que exploran un planeta hostil na procura de botín e segredos.

Bungie estrea o seu novo xogo como servizo: Marathon

05.03.2026 12:11 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O Samsung Galaxy S26 Ultra premiado no MWC O Samsung Galaxy S26 Ultra foi distinguido co premio Best in Show nos Global Mobile Awards (GLOMO Awards) entregados no marco do Mobile World Congress 2026, celebrado en Barcelona. O galardón, concedido pola Asociación GSM (GSMA), recoñece cada ano as innovacións máis destacadas da industria móbil a nivel mundial.

O Samsung Galaxy S26 Ultra premiado no MWC

05.03.2026 12:02 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Movistar notificará aos usuarios das chamadas de spam Movistar anunciou a posta en marcha dunha nova funcionalidade destinada a reforzar a protección dos seus clientes fronte ao spam telefónico, Llamadas Molestas, que permitirá identificar e advertir sobre comunicacións comerciais non desexadas e estará dispoñible a partir do 16 de marzo para a práctica totalidade das liñas móbiles da operadora.

Movistar notificará aos usuarios das chamadas de spam

05.03.2026 10:35 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
O 11 de marzo volve Imaxinaria con 38 curtas internacionais a competición O Festival Internacional de Animación Afundación Imaxinaria regresa en 2026 á Sede Afundación (A Coruña) do 11 ao 15 de marzo cun programa coa maior presenza internacional, e tamén a maior presenza galega, das súas catro edicións.

O 11 de marzo volve Imaxinaria con 38 curtas internacionais a competición

05.03.2026 09:47 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Remata o HackUDC 2026 con récord de asistencia e participación A Facultade de Informática (FIC) da Universidade da Coruña (UDC) acolleu durante toda a fin de semana a 4ª edición do HackUDC, o maior hackathon de Galicia e o segundo máis grande de España.

Remata o HackUDC 2026 con récord de asistencia e participación

05.03.2026 09:18 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
A Xunta impulsa un programa de iniciación segura á pegada dixital en 7 centros do Deza A directora xeral de Ordenación e Innovación Educativa, Judith Fernández, participou hoxe nun dos sete obradoiros do programa Iniciación segura á pegada dixital que se están a desenvolver na comarca do Deza, unha iniciativa coa que a Xunta reforza a formación do alumnado nun uso responsable e seguro das redes sociais. A actividade, celebrada no Instituto Manuel García da Estrada, está destinada a estudantes de 2º, 3º e 4º de ESO e de FP Básica e é impartida por especialistas da AMTEGA, que abordan cuestións como a identidade dixital, a privacidade e a prevención de riscos na Internet.

A Xunta impulsa un programa de iniciación segura á pegada dixital en 7 centros do Deza

05.03.2026 02:52 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
Sony podería deixar de sacar en PC os seus xogos narrativos Sony estaría reconsiderando a súa estratexia de publicación en PC e planea manter como exclusivas de PlayStation 5 boa parte das súas grandes producións para un xogador. Segundo informacións publicadas por Bloomberg, a compañía xaponesa decidiu dar marcha atrás nunha política iniciada hai uns seis anos que apostaba por levar os seus títulos máis destacados tamén ao ecosistema de ordenadores persoais.

Sony podería deixar de sacar en PC os seus xogos narrativos

05.03.2026 02:03 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0
Preview
NotebookLM mellora a súa narración en formato de vídeo NotebookLM amplía as súas capacidades de creación audiovisual coa chegada dunha nova funcionalidade baseada en intelixencia artificial: as chamadas Cinematic Video Overviews. Esta actualización supón un salto significativo respecto ás actuais Video Overviews (Visión xeral en vídeo), que se baseaban principalmente en diapositivas narradas, ao introducir vídeos máis dinámicos e inmersivos xerados automaticamente a partir das fontes achegadas polo usuario.

NotebookLM mellora a súa narración en formato de vídeo

04.03.2026 23:19 👍 0 🔁 0 💬 0 📌 0