Cartaz co lema "VENCEREMOS NÓS, O 68 EN COMPOSTELA" anunciando un paseo guiado en Compostela os días 12, 13 e 14 de marzo. Máis información e inscricións en marzo68.gal
En marzo do 68, mentres París preparaba as súas revoltas, Compostela xa estaba en loita.
Agora, podes viaxar no tempo cun paseo guiado polos lugares onde aconteceu todo. Hai 4 sesións:
👉 Xoves 12 ás 19.00
👉 Venres 13 ás 19.00
👉 Sábado 14 ás 12.00 e 16.30
🎟 A inscrición é gratuíta en marzo68.gal
07.03.2026 15:22
👍 1
🔁 1
💬 0
📌 0
Como foi o marzo do 68 compostelán? Pasea a cidade connosco para descubrilo! 🚶♂️
Teremos 4 sesións guiadas onde falaremos de asembleas, libros prohibidos, peches na facultade... Serán:
👉 O xoves 12 ás 19.00
👉 O venres 13 ás 19.00
👉 O sábado 14 ás 12.00 e ás 16.30
Inscríbete en marzo68.gal ✨
06.03.2026 14:30
👍 4
🔁 1
💬 0
📌 0
Participa en el Crowdfunding "Razóns de Peso. Desbordamentos, desexos e outras incomodidades gordas" en Verkami
Libro coral sobre activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza
MOITAS GRAZAS! 🫂🩷✨
Co apoio de quen achegastes, Razóns de peso vai ser realidade en abril deste ano! Tamén poderemos remunerar as autorías e facer un evento festivo de presentación.
Mais aínda restan recompensas en
👉 i.gal/RazonsDePeso
*O diñeiro extra usarémolo para imprimir máis exemplares
16.02.2026 10:07
👍 7
🔁 3
💬 0
📌 0
Persoas gañadoras de Youtubeiras+ no escenario da gala
GALERÍA DA GALA - Vol. 7
Quen gañou Youtubeiras+ nesta edición? Neste fío, alén de verlles as caras brillando, tamén etiquetamos os seus proxectos para que poidas axexalos 🫣
Moitos parabéns a todas as persoas que recibistes algún galardón 💖
15.02.2026 19:55
👍 5
🔁 1
💬 1
📌 0
O escenario da gala de Youtubeiras+ e Carlos Vieito e Leila Fernández presentando nuns sofás formato pódcast
Primeiros planos de Carlos e Leila
Detalle da mesa central, con bolachas do exército mekemeke e o cadro do faiado pódcast. Tamén detalle dos premios físicos de rabuda cerámica
Primeiro plano de David e Raquel de En Lingua de Signos signando
GALERÍA DA GALA - Vol. 6
Non podiamos imaxinar un mellor equipo para a IX gala de Youtubeiras+! 🥹
Moitas grazas a todas as persoas que subistes ao escenario e a quen gozastes da gala no público 💖
14.02.2026 17:56
👍 5
🔁 1
💬 1
📌 0
As quinielas de Youtubeiras+ nunha urna. Unha persoa cubrindo unha.
ChutenMeme caracterizado de alcalde excéntrico votando, como nunhas eleccións
Unha persoa completa unha quiniela apoiada na parede do Teatro Jofre
Leila Fernández e Carlos Vieito no escenario, resolvendo quen gañou. Suben Sara Seco e Leti da Taberna, recollen dous diplomas e dous botes de lambetadas
GALERÍA DA GALA | Vol. 3
Sabemos que o faciades de xeito autoxestionado, mais neste ano tivemos unha quiniela oficial! E con bote... ben doce 😋
Tivemos 3 estupendas gañadoras con 6 respostas correctas: Sara Seco, Leti da Taberna e Érica Pereiro.
💬 Ti cantas acertaches?
12.02.2026 11:46
👍 6
🔁 1
💬 0
📌 0
Carlota Ghatos sendo entrevistada en directo por Gabri Fuentes na entrada do Teatro Jofre, na previa da gala dos premios Youtubeiras+. As súas amizades tíranlle fotos emocionadas
Diego Aux e Mai Ínsua de Prendidísima sendo entrevistades no directo
Nuria Grandío de Konachadas e Leti a do Chinto sendo entrevistadas no directo
O móbil emitindo o directo e neeumatiko, como parte da organización, controlando que todo sae ben
GALERÍA DA GALA - Vol. 2
🤯 Con que persoa creadora ficarías no medio dos Ancares despois dun accidente de avión?
Antes de entrar, Gabri Fuentes puxo a proba as persoas finalistas nun directo cheo de preguntas imposíbeis, risas e confesións. Podes velo enteiro no noso instagram 😉
📸 La Diapo
11.02.2026 18:10
👍 6
🔁 1
💬 1
📌 0
Fálase de Os Premios Youtu... - Praza Pública
Os Premios Youtubeiras+ xa teñen gañadoras e gañadores para a ...
🏆📺 Os Premios @youtubeiras.gal xa teñen gañadoras e gañadores para a súa novena edición
A Mellor Canle foi para Rodri Míguez, o premio á Creación de Contidos para Konachadas e Fóra de mapa gañou o de Mellor Podcast praza.gal/falase?de=f9...
08.02.2026 12:27
👍 14
🔁 3
💬 1
📌 0
Obrigades sempre 🥹💖
Nós encantades de facer o noso traballo cunha iniciativa e unha comunidade tan lindas, e tan bo recibimento 🥰
08.02.2026 11:11
👍 1
🔁 1
💬 0
📌 0
Com a equipa de @forademapa
Que bem o passei na entrega dos Prémios #Youtubeiras! Reencontro com amizades de longa data e também encontro com criador@s de conteúdo que admiro. Parabéns às ganhadoras e também a todas as nomeadas e àqueles projetos que não chegárom à final, mas continuam a dar o seu melhor! #AlborotaOAlgoritmo
07.02.2026 21:31
👍 12
🔁 3
💬 1
📌 0
Moitas grazas!! Esperamos que desfrutásedes da gala e dese máis que merecido premio 💙
08.02.2026 11:10
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Pois va que nos deron onte o premio ó mellor podcast no
@youtubeiras.gal.
Parabéns a @maos.gal, o @carlosvieito.gal e máis a Leila do Faiado por coordinaren e presentaren unha gala tan fantástica.
08.02.2026 08:57
👍 18
🔁 5
💬 5
📌 1
A data será acordada entre as persoas mecenas. Haberá un máximo de 2 sesións, cun mínimo de 5 asistentes e un máximo de 30.
06.02.2026 09:00
👍 2
🔁 0
💬 0
📌 0
Interésache a figura de Emilia Pardo Bazán? Por 10 € podes asistir a un roteiro por espazos de Compostela vinculados coa súa vida e obra. O diñeiro será destinado á publicación dunha antoloxía de activismo gordo. Máis info en i.gal/RazonsDePeso
2x1! Coñece a Emilia Pardo Bazán e apoia un proxecto pioneiro con 10 € 💖
A Pardo Bazán fixéronlle caricaturas rindo da súa gordura. Nós imos redescubrila como muller polifacética, envolta na polémica, case sempre por ser muller escritora con opinión propia.
👉 Consigue praza en i.gal/RazonsDePeso
06.02.2026 09:00
👍 7
🔁 4
💬 1
📌 0
Queres entrar no sorteo deste pack de 5 libros contra
a gordofobia e máis?
Participando en i.gal/RazonsDePeso antes do 10 de febreiro entras no sorteo dun pack de libros de autorías de Razóns de peso: Mapa da estría de Andrea Nunes, Anatomía de Violen Maroto, Más puñaladas da el hambre de Adriana Guede, Stop gordofobia y las panzas subversas de Magda Piñeyro, 10 gritos contra la gordofobia de Magda Piñeyro. E axudas á publicación da primeira antoloxía contra a gordofobia en galego!
🎁 SORTEO!! 🌈
Estamos a traballar na primeira antoloxía contra a gordofobia en galego! Podes reservala en i.gal/RazonsDePeso
✨ Se participas antes do 10/2, entras no sorteo de 5 libros contra a gordofobia (e máis)
03.02.2026 15:35
👍 3
🔁 2
💬 1
📌 0
Xa están as entradas da gala dispoñíbeis! 💥
👉 Se queres asistir á gala de Youtubeiras+, podes reservar as túas entradas de balde en i.gal/GalaYT
Desvelaremos os proxectos gañadores, haberá quiniela, photocall, directo previo con Gabri Fuentes, música con RUSS e algunha sorpresa máis 👀
03.02.2026 10:54
👍 4
🔁 3
💬 1
📌 0
Nesta edición decidimos falar con Rosalía. 146 anos despois do seu poema, continuamos a crear, a traballar e a convivir en galego, coa constancia do reloxo, conscientes de que cada segundo é novo e irrepetíbel, como os seus versos. E ben, por que? Ela deunos a resposta, porque así somos.
03.02.2026 10:12
👍 0
🔁 0
💬 0
📌 0
Ben sei que non hay nada
Novo en baixo d'o ceo,
Qu'antes outros pensaron
As cousas qu'ora eu penso.
E ben, ¿para qu'escribo?
E ben, por qu'asi semos,
Relox que repetimos
Eternamente ó mesmo.
— Rosalía de Castro en Follas Novas (1880)
03.02.2026 10:12
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
Xiana, socia de Maos, sostén o cartaz do festival rosalía deste ano.
O cartaz do festival rosalía deste ano, que vai ser os días 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela baixo o lema “porque así somos”
Outro ano máis, Maos deseñamos a estética do Festival Rosalía! 🎨
Terá lugar a fin de semana do 21 e 22 de febreiro en Santiago de Compostela. O programa xa está dispoñíbel en i.gal/FestivalRosalia
Haberá artesanía, xogos, conversas, teatro, poesía... non o perdas! ✨
03.02.2026 10:12
👍 1
🔁 0
💬 1
📌 0
🏅 PREMIOS YOUTUBEIRAS+ | Ana Blanco, creadora da conta '@miradenovo' (en Instagram), asegura que non esperaba a boa aceptación do público para uns contidos “tan de nicho”, nin ser finalista dos Premios @youtubeiras.gal , na categoría de Revelación vinte.praza.gal/artigo/conta...
02.02.2026 10:16
👍 7
🔁 4
💬 0
📌 0
Axúdasnos a publicar o noso primeiro libro, sobre activismo gordo? 🩷
👉 Achega e espalla o crowdfunding, onde xa podes comprar o libro ou outras recompensas variadas:
🔗 i.gal/RazonsDePeso
E se participas nos primeiros días… podes gañar algún detalle extra 👀
01.02.2026 17:21
👍 5
🔁 2
💬 1
📌 0
Se tanto somos unha editora... haberá que publicar un libro! En i.gal/RazonsDePeso podes axudarnos a financiar un libro de activismo gordo, con 19 autorías e enfocado en Galiza. Nesta imaxe vemos a Leticia Citoula e Andrea Nunes, persoas gordas felices, coordinadoras da antoloxía
Unha composición cos nomes de todas as persoas autoras: Adriana Guede, Ailén Kendelman, Areta Bolado, Alba Cobo, Andre Bosque, Andrea Nunes, Andrea Rico Adega (Mané), Angelly Ferreiro Silva, Antonella Rodríguez Acosta, Aranxa Vicens, Iván Folgueira Pérez, Leticia Citoula, Lucía Aldao, Magda Piñeyro, María von Touceda, Mercè Nebot Ventura, Vanesa de Sousa García, Vanessa Glemsel, Violeta Maroto Romero
Desde 3€ podes conseguir: agradecementos, ebook, libro, merenda literaria, almorzo riquiño, obradoiros variados, sesión de asesoramento de imaxe, cea concerto, durmida, e libro, 10 libros e presentación
E como engadidos: chapas, agradecementos, audios, vídeos, bolsas de tea, sinaturas, ebooks, botes de mel, conversas, rutas, libros, camisolas, fanzines, carpetas, partituras, espazos, fotos, láminas, broches, brincos, cazadoras, roupas
En i.gal/RazonsDePeso
Se participas antes do 10 de febreiro entras no sorteo dun pack de libros de autorías da antoloxía
Axúdasnos a publicar o noso primeiro libro, sobre activismo gordo? 🩷
Para que vexa a luz, precisamos do voso apoio e difusión:
👉 Achega e espalla o crowdfunding, con recompensas variadas
🔗 i.gal/RazonsDePeso
E se participas nos primeiros días… podes gañar algún detalle extra 👀
30.01.2026 12:33
👍 5
🔁 5
💬 1
📌 0
Apresentamos a nova equipa . Quem é o Óscar? desliza para saber mais dele!
Um livro que todes deveríamos ler? Seique, de Susana Sanches Arins.
Tes alguma mania leitora?
Ler vários livros à vez e ir juntando mais e mais e...
Se fosses um livro, em que estante da biblioteca estarias?
Em "Outros".
Que tipo de livros gostarias de publicar?
De todo!
O melhor lugar para ler?
A cama.
Uma autoria a quem lhe comprarias o seguinte livro mesmo sem ler a sinopse
Maggie O'Farrell.
Uma personagem literária com quem tomarias um té
Pippi ou Lotta, duvido.
E como di a gente... nom há 2 sem 3! 😚
O @oscarsenragomez.bsky.social define-se como multiplataforma e multimodal, como o seu título em Ciências Sociais.
A nova equipa somos 4, assim que manhá acabamos de apresentar-nos! E depois falamos de futuros 💚
28.01.2026 12:30
👍 4
🔁 2
💬 0
📌 0
📢📅Xa hai data confirmada para os Premios Youtubeiras!
🏆Un total de 28 finalistas aspiran a levar algún dos premios dentro das 7 categorías.
🎭Terá lugar o día 7 de febreiro ás 19:00 horas no Teatro Jofre de Ferrol e será presentada por Carlos Vieito e Leila Fernández.
✨Desexámoslles boa sorte !
20.01.2026 12:16
👍 4
🔁 3
💬 0
📌 0
Presentamos a nova equipa: quen é a Zaira? Desliza para saber máis dela!
Un libro que todes deberiamos ler? O sentido do abraio, porque no mundo tan caótico e acelerado en que vivimos hai que buscar momentos para parar e poder desfrutar e marabillarnos coas pequenas cousas que temos ao noso redor.
Tes algunha manía lectora?
Anoto moitas frases de libros ou poemas que me gustan en cadernos, follas, nas notas do móbil...
Se foses un libro, en que estante da biblioteca estarías?
Estante de novidades.
Que tipo de libros che gustaría publicar?
Calquera que me faga pensar, cuestionarme a miña realidade e os meus privilexios, especialmente de poesía.
O mellor lugar para ler?
No inverno sempre debaixo da manta, o resto do ano no exterior ben sexa no xardín, na horta, na praia…
Unha autoría a quen lle comprarías o seguinte libro mesmo sen ler a sinopse?
Olga Novo.
Unha personaxe literaria con quen tomarías un té?
Con Medea, a reintepretación da figura mitolóxica grega que fai Dahlia de la Cerda no seu libro Medea me cantó un corrido.
Continuamos coas presentacións! 👀
A nova equipa de traemos máis recomendacións, teimas e por onde queremos continuar 💭
Se onte presentabamos á Xiana, hoxe continuamos coa Zaira: historiadora da arte que aposta por transformar a sociedade a través da cultura. Aquí podes saber un pouco máis dela
27.01.2026 11:41
👍 4
🔁 2
💬 0
📌 0
Presentamos a nova equipa: quen é a Xiana? Desliza para saber máis dela!
Un libro que todes deberiamos ler? El libro de los abrazos.
Tes algunha manía lectora?
Gústame limpar os lentes antes, pero rara vez topo o pano para facelo.
Se foses un libro, en que estante da biblioteca estarías?
Gustaríame ser desde libros que transitan pola casa, pasan do sofá ao aseo, viven unha temporada na cociña e cando os metes no estante non caben e teñen que poñerse en horizontal sobre os demais.
Que tipo de libros che gustaría publicar?
Libros para a revolución, interna e externa.
O mellor lugar para ler?
Un bar nunha cidade/vila que coñeces pouco, o sofá e a sombra dunha árbore (en concreto, a moreira da casa familiar).
Unha autoría a quen lle comprarías o seguinte libro mesmo sen ler a sinopse?
Por quedar ben, digo alguén que xa non publica máis :P Mercaría todo de Gata Cattana.
Unha personaxe literaria con quen tomarías un té?
Con Antígona, para falar da forza e a morte.
E nós... de quen vimos sendo? 🤨
As persoas que continuamos Catro Ventos Editora somos catro, e cadaquén temos os nosos gustos, teimas e recomendacións.
Comezamos coa Xiana: cociñeira comunicativa, con xornalismo, artes gráficas e sen mandil 🩷
26.01.2026 12:57
👍 7
🔁 2
💬 0
📌 0